Fulgence Ouedraogo, nado o 21 de xullo de 1986 en Uagadugú, Burkina Faso, é un xogador de rugby a 15.L’international français Fulgence Ouédraogo veut valoriser le rugby burkinabè 2012 Xoga no equipo Montpellier Hérault RC no campionato Top 14. A súa posición habitual é a de á.

Ouedraogo comezou a xogar ó rugby con seis anos, coñecendo ó seu futuro compañeiro François Trinh-Duc na escola de rugby Pic-Saint-Loup, preto de Montpellier. Ámbolos dous entraron nos equipos xuvenís no nivel de "cadete" level (U-13/14).

Ouedraogo e Trinh-Duc, xunto cos Montpellierains Louis Picamoles e Julien Tomas, son considerados como parte dos talentos locais que axudaron a que Montpellier puidese a vella orde do rugby francés no terroir de Septimania que sempre foi rival do Béziers.

Ouedraogo é o capitán actual do Montpellier, e xogou un papel importante na tempada 2010–11 do equipo. Fracturou a man na vitoria de semifinais, o que provocou que perdese a final, que gañou o Toulouse.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Perfil en RBS 6 Nations Perfil en L'Equipe.fr

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Uagadugú