Lanius é un xénero de aves da orde dos paseriformes, infraorde dos Corvida, suborde dos oscines, unha das integrantes da familia dos lánidos.
Son paxaros de rechamante aspecto, co peteiro ganchudo e comportamento moi similar ao dos falcóns, xa que son depredadores que adoitan cazaren outros paxaros como xílgaros, pequenos roedores como o rato de campo e insectos grandes.
Un costume típico destas aves é a de inserir as súas vítimas en espiñas a modo de pequenas despensas ás que acode en caso de necesidade.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito por Linneo en 1758, na décima edición do seu Systema Naturae.Lanius Linnaeus, 1758 no ITIS.
Etimoloxía Para escoller o nome do xénero Linneo adoptou o substantivo do latín clásico lanius, -ii, que significa 'carniceiro', tomando, quizais, como modelo a expresión pendere ad lanium, 'estar pendurada (a carne) na carnizaría', debido ao costume das especies deste xénero de penduraren os corpos de pequenos vertebrados e de grandes insectos cravándoos en espiñas, como quedou dito antes.
Especies Na actualidade recoñécense no xénero as 29 especies seguintes:Lanius Linnaeus 1758 na EOL.
Lanius bucephalusTemminck & Schlegel, 1845 Lanius cabanisi Hartert, 1906 Lanius collaris Linnaeus, 1766 Lanius collurio Linnaeus, 1758 Lanius collurioides Lesson, 1831 Lanius cristatus Linnaeus, 1758 Lanius dorsalis Cabanis, 1878 Lanius excubitor Linnaeus, 1758 Lanius excubitoroides Prevost & Des Murs, 1847 Lanius gubernator Hartlaub, 1882 Lanius humeralis Stanley, 1814 Lanius isabellinus Hemprich & Ehrenberg, 1833 Lanius ludovicianus Linnaeus, 1766 Lanius mackinnoni Sharpe, 1891 Lanius meridionalis Temminck, 1820 Lanius minor Gmelin, 1788 Lanius newtoni Bocage, 1891 Lanius nubicus Lichtenstein, 1823 Lanius pallidirostris Cassin, 1851 Lanius phoenicuroides (Schalow, 1875) Lanius schach Linnaeus, 1758 Lanius senator Linnaeus, 1758 Lanius somalicus Hartlaub & Heuglin, 1859 Lanius souzae Bocage, 1878 Lanius sphenocercus Cabanis, 1873 Lanius tephronotus (Vigors, 1831) Lanius tigrinus Drapiez, 1828 Lanius validirostris Ogilvie-Grant, 1894 Lanius vittatus Valenciennes, 1826
Galería
En Galicia En Galicia pódense atopar as seguintes especies pertencentes ao xénero Lanius: Nome científicoPenas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Calros Silvar (2005): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-8767-406-2. Nome común Imaxe Presenza Status en Galicia FamiliaLanius collurio Picanzo vermellocentro|200x200px Estival pouco comúncentro|200px Lánidos Lanius excubitorPicanzo do nortecentro|200x200pxRaro - Lánidos Lanius isabellinusPicanzo isabelinocentro|200x200px Accidental, rareza - LánidosLanius meridionalisPicanzo realcentro|200x200px Sedentario escaso con invernantes centro|200pxLánidos Lanius minorPicanzo pequenoConde Teira, M. A. (1999): "Lista de nomes galegos para as aves ibéricas" Chioglossa 1: 121-138.centro|200x200px Accidental - Lánidos Lanius senator Picanzo de cabeza rubiacentro|200x200px Estival escaso centro|200px Lánidos
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Conde Teira, M. A. (1999): "Lista de nomes galegos para as aves ibéricas" Chioglossa 1: 121-138. Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Calros Silvar (2005): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-8767-406-2. Harris, Tony (2000): Shrikes and Bush-Shrikes. Princeton, Nova Jersey, USA: Princeton University Press. ISBN 0-6910-7036-9. Lefranc, Norbert (1997): Shrikes: A Guide to the Shrikes of the World. New Haven, Connecticut, USA: Yale University Press. ISBN 0-3000-7336-4.
Outros artigos Paseriformes Corvida Corvoideos Lánidos
Ligazóns externas Lanius Linnaeus 1758 na EOL. Lanius Linnaeus, 1758 no GBIF.
Categoría:Láridos Categoría:Aves de Galicia Categoría:Taxons descritos por Linné