Ledicia Piñeiro Prada, nada en Ourense en 1987, é unha actriz e política galega.

Traxectoria Diplomouse en educación social na Universidade de Vigo, e comezou a actuar na Aula de Teatro desa universidade, formándose logo con Sarabela Teatro. Militou na Xuventude Comunista e en Esquerda Unida ata 2014. Foi concelleira por Ourense en Común (2015-2018) e como integrante de Podemos encabezou a candidatura ao Congreso da coalición En Común-Unidas Podemos pola provincia de Ourense"En Común-Unidas Podemos, a marca da coalición para as xerais de EU e Podemos Galicia" El Progreso, 15 de marzo de 2019. nas eleccións xerais de abril de 2019, nas que non obtivo escano.

Notas

Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1987 Categoría:Políticos de Podemos Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Concelleiros de Ourense Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes