A subrexión de Seinäjoki (en finés Seinäjoen seutukunta) é unha das catro subrexións da rexión de Ostrobotnia do Sur. En 2017 tiña unha poboación de 126 957 habitantes.

Municipios EscudoMunicipio50px|border|Ilmajoen vaakunaIlmajoki (municipio)50px|border|Kauhavan vaakunaKauhava (cidade)50px|border|Kurikan vaakunaKurikka (cidade)50px|border|Lapuan vaakunaLapua (cidade)50px|border|Seinäjoen vaakunaSeinäjoki (cidade)

Historia 1 de xaneiro de 1994: créase a subrexión de Pohjoisten seinänaapurien cos municipios de Seinäjoki, Ilmajoki, Nurmo, Peräseinäjoki e Ylistaro. 1 de xaneiro de 2004: o nome da subrexión muda de Pohjoisten seinänaapurien a Seinäjoki. 1 de xaneiro de 2005: Peräseinäjoki e Seinäjoki fusionáronse na cidade de Seinäjoki. 1 de xaneiro de 2007: Lapua trasladouse da subrexión de Härmänmaa á de Seinäjoki. 1 de xaneiro de 2009: Kauhava mudouse da subrexión de Härmänmaa á de Seinäjoki. Ao mesmo tempo Kortesjärvi fusionouse con Kauhava e pasou a formar parte da subrexión. 1 de xaneiro de 2009: Seinäjoki fusionouse cos municipios de Nurmo e Ylistaro formando a nova cidade de Seinäjoki. 1 de xaneiro de 2009: Jalasjärvi e Kurikka trasladáronse da subrexión de Eteläiset seinänaapurit á subrexión de Seinäjoki. Ao mesmo tempo Jurva (pertencente á subrexión de Suupohja), que se uniu a Kurikka, pasou a integrarse na subrexión. 1 de xaneiro de 2016: Jalasjärvi uniuse á cidade de Kurikka.

Poboación A seguinte táboa amosa a tendencia demográfica da subrexión cada cinco anos dende 1980.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web de Ilmajoki Sitio web de Kauhava Sitio web de Kurikka Sitio web de Lapua Sitio web de Seinäjoki

Categoría:Subrexións de Ostrobotnia do Sur