A ponte Kizuna (en ) é unha ponte sobre o río Mekong, que se atopa a carón da cidade de Kampong Cham, no distrito de Kampong Cham.
Características Inaugurouse no ano 2001 e foi a primeira ponte en ser construída sobre o río Mekong en Camboxa. A construción da ponte foi financiada por 56 millóns de dólares do goberno xaponés. Con 1500 metros, foi a ponte máis longa de Camboxa até a construción da ponte Koh Kong, unha ponte tai-camboxana de 1900 metros de longo construído na cidade de Koh Kong en 2002. A ponte Kizuna conecta o leste e o oeste do país por estrada por vez primeira na historia. A construción da ponte comezou en 1999 e levou tres anos rematala. Estímase que unhas 10 000 persoas asistiron á cerimonia de inauguración.
Notas
Categoría:Pontes de Camboxa