O demo no corpo (en ) é unha novela escrita por Raymond Radiguet publicada orixinalmente no ano 1923. Conta a historia dunha muller casada nova que ten unha aventura cun rapaz de dezaseis anos mentres o seu marido está lonxe loitando na fronte, o cal provoca un escándalo nun país que aínda acaba de pasar pola primeira guerra mundial. Aínda que Radiguet o negou, estabeleceuse posteriormente que parte da historia era autobiográfica. A crítica, que inicialmente desprezaban a intensa campaña publicitaria para o lanzamento do libro (algo que normalmente non estaba asociado a obras de mérito literario da época) foi finalmente conquistada pola calidade da escritura de Radiguet e o seu estilo sobrio e obxectivo.
Foi traducida ó galego primeiro por María Dolores Ramos Duarte, que logrou o VIº Premio Plácido Castro de Tradución en 2006 e que se publicou dixitalmente en BIVIR. Unha segunda tradución por Samuel Solleiro publicouna a editorial Irmás Cartoné no ano 2016.
Notas
Categoría:Obras literarias de 1923 Categoría:Novelas en francés Categoría:Obras traducidas do francés ao galego