Dinemellia dinemelli é unha especie de ave da orde dos paseriformes, suborde dos oscines, infraorde dos paséridos, e familia dos ploceidos.
Trátase dunha especie monotípica, xa que é a única do xénero Dinemellia.
Endémica da África oriental, Dinemellia dinemelli en BirdLife International. o seu nome en inglés, white-headed buffalo weaver, alude ao seu hábito de seguir ao búfalo africano (Syncerus caffer), para alimentarse dos insectos escorrentados polos pasos deste gran bóvido.
Taxonomía Descrición Xénero O xénero foi descrito en 1863 polo botánico e ornitólogo alemán Ludwig Reichenbach.Dinemellia Reichenbach, 1863 no ITIS.
Especie En canto a especie, describíraa en 1845 o naturalista, tamén alemán, Eduard Rüppell, co nome de Textor dinemelli,Jobling, James A (2010): dinemelli, e Dinemellia en The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres, Reino Unido: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, p. 136. na páxina 72 da súa obra Systematische Uebersicht der Vogel Nord-Ost-Afrikas.
Etimoloxía Tanto o nome do xénero, Dinemellia, como o epíteto específico, dinemelli, derivan do apelido Dimenelli, dun recolledor de espécimes en Etiopía.Bo Beolens, Michael Watkins & Michael Grayson (2014): The Eponym Dictionary of Birds. Londres, Reino Unido: Christopher Helm. ISBN 978-1-4729-0573-4.
Subespecies Nesta especie recoñécense as dúas subespecies seguintes:Dinemellia dinemelli (Rüppell, 1845) no ITIS.White-headed Buffalo-weaver. Dinemellia dinemelli en The Internet ICB Bird Collection.
Dinemellia dinemelli boehmi (Reichenow, 1885), na parte sur da súa área de distribución: Kenya e Tanzania. Dinemellia dinemelli dinemelli (Rüppell, 1845), parte norte do se territorio: Etiopía, Djibuti, Somalia, Sudán, Sudán do Sur, norte de Kenya e Uganda.
Características É unha ave que mide entre 17 e 19 cm de lonxitude, e ten un peso que oscila entre os 57 e os 85 g. A cabeza, o pescozo e as partes inferiores do corpo son de cor branca. As ás, as partes dorsais e a cola son de cor parda, coa pate baixa da cola de cor avermellada ou alaranxada. Non existe dimorfismo sexual na especie, e ambos os sexos son similares na plumaxe e difíciles de diferenciar. O peteiro é cónico e de cor negra. A subespecie D. d. dinemelli ten a cola de cor parda, mentres que D. d. boehmi a ten negra.
Distribución e hábitat Esta ave é orixinaria dos países da África oriental: Etiopía, Djibuti, Kenya, Somalia, Sudán, Sudán do Sur, Tanzania e Uganda.
O seu hábitat natural inclúe sabanas, matogueiras de arbustos espiñentos e bosques de acacias.BirdLife International (2018): Dinemellia dinemelli na Lista vermella da UICN.
Polo xeral, só se encontra a altitudes inferiores aos 1 400 m.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A., Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Barcelona / Cambridge, UK: Lynx Edicions / BirdLife International. ISBN 978-84-9655-398-9. Fry, C. H. & Keith, S. (2004): The birds of Africa. Volume VII. Londres, Reino Unido: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-6531-4. VV. AA. (1986): Enciclopèdia Natura de los Animales. Voluma 4. Aves, Barelona: Editorial Orbis, S. A. ISBN 84-7634-433-5, pp. 424 – 427. Williams, John G. & Arlott, Norman (1985): A Field Guide to the Birds of East Afica. Londres, Reino Unido: Collins. ISBN 0-0021-9172-2, p. 381.
Outros artigos Paseriformes Ploceidos
Ligazóns externas BirdLife Especies, Ficha técnica.
Categoría:Ploceidos Categoría:Aves de África Categoría:Animais descritos en 1845