Rafetus swinhoei (en ; pinyin: bānbiē) é unha especie extremadamente rara de tartaruga da familia Trionychidae. A especie é endémica do leste e sur da China e do norte de Vietnam. Só se coñece a existencia de tres exemplares, un na China (en catividade) e dous en Vietnam (en liberdade) (un cuarto exemplar de Vietnam foi declarado morto en xaneiro de 2016), e está clasificado como en perigo crítico pola Lista Vermella da IUCN. É probablemente a meirande especie de tartaruga de auga doce do mundo. A femia da última parella reprodutora morreu no zoolóxico de Suzhou, na China, en abril de 2019. Unha femia en liberdade foi descuberta en Vietnam o 22 de outubro de 2020.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Meylan PA. "Rafetus swinhoei ". In: Pritchard P, Rhodin AGJ (eds.). The Conservation Biology of Freshwater Turtles. : IUCN Publications. Meylan PA, Webb RG (1988). "Rafetus swinhoei (Gray) 1873, a valid species of living soft-shelled turtle (family Trionychidae) from China". Journal of Herpetology 22: 118-119.
Categoría:Réptiles da China Categoría:Réptiles de Vietnam Categoría:Animais descritos en 1873