The Thermals foi unha banda estadounidense de indie rock baseada en Portland, Oregón. O grupo formouse no ano 2002. Con fortes influencias tanto do lo-fi como do rock estándar, as cancións da banda son tamén coñecidas pola súa imaxinería política e relixiosa.
Historia No ano 2002 os antigos compañeiros de banda Hutch Harris e Kathy Foster xuntáronse novamente para formar The Thermals, tras traballar xuntos no dúo folk Hutch & Kathy. O seu primeiro álbum, More Parts per Million, foi editado en 2003 por Sub Pop Records. O disco foi gravado e interpretado enteiramente por Hutch Harris, que se encargou de todos os instrumentos. A primeira formación ao vivo estaba composta por Harris con Kathy Foster no baixo, Jordan Hudson (tamén en M. Ward e The Operacycle) na batería, e Ben Barnett na guitarra. O seu seguinte disco, Fuckin A (2004), foi mesturado polo membro de Death Cab For Cutie Chris Walla. Nese período Ben Barnett deixou o grupo e Hutch Harris encargouse da guitarra.
O seu terceiro álbum, The Body, The Blood, The Machine, foi producido por Brendan Canty de Fugazi e gañou gran parte do recoñecemento do grupo, aparecendo en múltiples listas de mellores álbums de 2006 como as de NPR, The AV Club e Pitchfork. A canción "A Pillar of Salt" tamén apareceu no videoxogo de Electronic Arts Skate 3. Jordan Hudson deixou a banda durante a gravación deste terceiro álbum. Kathy Foster encargouse das tarefas de percusión no estudio e Lorin Coleman na xira.
O cuarto álbum de The Thermals, Now We Can See, foi editado en 2009 a través do selo Kill Rock Stars coa produción de John Congleton. Kathy Foster encargaríase novamente da percusión no traballo. Westin Glass uniríase á banda como batería tras finalizar o disco.
O seu quinto traballo, Personal Life, apareceu o 7 de setembro de 2010. Dous anos despois o súa versión da canción "Little Boxes" usouse como tema de apertura do capítulo 8 da oitava temporada de Weeds, "Five Miles From Yetzer Hara"; a súa canción "Here's Your Future" de The Body, The Blood, The Machine xa aparecera no capítulo "A Pool and his Money" en 2007.
En outubro de 2012 o antigo guitarrista Joel Burrows morreu por complicacións debidas a un atropelo que sofrera meses antes. miniatura|250x250px|The Thermals ao vivo en 2009 O 31 de xaneiro de 2013 The Thermals fichou por Saddle Creek Records e en abril dese ano lanzou o seu primeiro traballo co selo, o álbum Desperate Ground.
O en xaneiro de 2016 a banda anunciou o lanzamento do seu sétimo álbum de estudio, titulado We Disappear. O disco apareceu o 25 de marzo dese ano a través de Saddle Creek Records.
O día 9 de abril de 2018 a anda anunciou a través da súa conta de Twitter a súa disolución tras 16 anos de carreira.
Membros Derradeira formación Hutch Harris - voces, guitarra (2002–2018) Kathy Foster - baixo, voces (2002–2018) Westin Glass - batería, voces (2008–2018)
Antigos membros Jordan Hudson - batería (2002–2005) Ben Barnett - guitarra (2002–2003) Caitlin Love - batería (2006) Lorin Coleman - batería (2007–2008) Joel Burrows - guitarra (2007)
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloMore Parts per Million2003Sub Pop RecordsFuckin A2004Sub Pop RecordsThe Body, the Blood, the Machine2006Sub Pop RecordsNow We Can See2009Kill Rock StarsPersonal Life2010Kill Rock StarsDesperate Ground2013Saddle Creek RecordsWe Disappear2016Saddle Creek Records
Notas
Categoría:Grupos musicais de Portland, Oregón Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de lo-fi Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais formados en 2002 Categoría:Grupos musicais separados en 2018