O Deportivo da Coruña feminino, que ten por nome oficial Real Club Deportivo ABANCAFicha do equipo na web da Real Federación Galega de Fútbol Consultado o 30 de setembro de 2020Datos do equipo na web da Real Federación Española de Fútbol Consultado o 30 de setembro de 2020Plantilla Real Club Deportivo Abanca rcdeportivo.es por razóns de patrocinioEl Dépor y ABANCA se unen para impulsar el fútbol femenino rcdeportivo.es, é a sección de fútbol feminino do Deportivo da CoruñaFicha do Deportivo da Coruña na web da Real Federación Galega de Fútbol Consultado o 30 de setembro de 2020, club de fútbol galego da cidade homónima. Compite na Primeira División, máxima categoría nacional, e o seu terreo de xogo é a Cidade Deportiva de Abegondo.

A primeira sección de fútbol feminino do Deportivo apareceu no inverno de 1983/1984, cando o Deportivo se fixo cargo do Karbo C.F. e pasou a chamarse Karbo Deportivo, desaparecendo en 1988 por problemas económicos.

A sección feminina foi recuperada en 2016,El equipo femenino del Dépor nacerá con la estructura del Orzán La Voz de Galicia. 25 de febreiro de 2016Deportivo y Orzán presentan el nuevo equipo femenino blanquiazul, que arrancará la próxima temporada rcdeportivo.es vindo precedida dunha campaña de sinaturas en prol da súa recuperación.

Historia Karbo Deportivo (1983-1988)

A primeira sección de fútbol feminino do Deportivo apareceu no inverno de 1983/1984, cando o Deportivo se fixo cargo do exitoso Karbo C.F. e pasou a chamarse Karbo Deportivo. Despois de conversas entre o entón presidente do Deportivo da Coruña, Jesús Corzo Sierra, e os propietarios do colexio Karbo, Ramón Carrasco e Mary Carmen Borrego, chegouse a un acordo polo cal o Deportivo se faría cargo do Karbo. A partir de entón o equipo comezaría a empregar a camisola branquiazul co escudo do Deportivo,El Karbo, pioneras también en Riazor La Opinion A Coruña. 3 de febreiro de 2020 e disputaría os encontros como local alternativamente entre o campo de Elviña, o de Vilaboa e o estadio de Riazor —no que chegou a rexistrar entradas de 4.000 espectadores—. A entrada ós partidos que xogaba o Karbo Deportivo como local tamén era gratuíta para os socios do R.C. Deportivo.

Antes da unión co Deportivo, o Karbo xa gañara a primeira Copa da Raíña oficial organizada pola Real Federación Española de Fútbol en 1983,Chío de Manu Sainz coa crónica do diario As e máis a Copa Raíña Sofía de 1981, precedente oficioso do devandito campionato, no que venceu na final contra o Risco (2-1), con remontada e dous goles de Lis FrancoLas reinas del fútbol ganan su copa La Voz de Galicia. 25 de maio de 2019 Trala absorción obtería dous títulos máis en 1984 e 1985.

Durante os anos 1980 o equipo coruñés foi un referente en toda España. En Galicia o único capaz de facerlles fronte era o Celta Mayador. Os seus encontros tiñan lugar na Copa Galicia e na Liga Galega. O equipo coruñés fíxose coas cinco ligas galegas celebradas entre 1983 e 1988, así coma unha Copa galega, mentres que o Celta se levou a copa galega en 1984. A nivel internacional disputaron múltiples torneos, destacando en dúas ocasións o Torneo das Sete Nacións, logrando o subcampionato en 1980 fronte ó Borussia Mönchengladbach cun resultado de 2-1 o cal se disputou en Olivet, Orleáns (Francia).

Naquela época, o Estadio de Riazor rexistrou entradas de milleiros de espectadores Acadaron gran repercusión dos medios en España por vencer a un equipo masculino, o Laracha F.C. cun resultado de 4 a 2. A sección disolveuse no ano 1988, un ano antes de que se crease a Liga Nacional Feminina, debido ós problemas económicos que atravesaba o R.C. Deportivo, sumido nunha débeda asfixiante e co equipo masculino ó bordo do descenso a Segunda División B, así coma un incremento dos gastos pola crecente profesionalización do fútbol feminino. Moitas xogadoras tiveron que retirarse, outras ficharon por equipos cataláns ou asturianos, e algunhas derivaron ó fútbol sala.

Posteriormente á desaparición da sección feminina o R.C. Deportivo mantivo dúas xogadoras no seu cadro, Inma Castañón e Ángeles Olmo, co propósito de que puidesen prepararse para os seus partidos coa selección española.

Campaña para a recuperación da sección

En 2013, co motivo da celebración do I Trofeo Teresa Herrera Feminino, fíxose unha homenaxe á desaparecida sección feminina, ás súas xogadoras, adestradores etc.. En decembro dese mesmo ano, Tino Fernández incluíu a recuperación do equipo entre as intencións da súa candidatura á presidencia do club.

En 2015 emprendeuse a recollida de ata 10 000 sinaturas solicitando ó Deportivo da Coruña a recuperación do equipo feminino, entre as sinaturas, destacaba a da futbolista compostelá Vero Boquete. Tamén se lanzou un documental titulado Karbo, escola de fútbol dirixido por Óscar Losada. Ese ano o Deportivo anunciou que recuperaría a sección feminina. Aconteceu finalmente en 2016 logo dun acordo co Orzán SD polo cal a súa estrutura de fútbol feminino a nivel sénior foi transferida ao Deportivo

Debut (2016/2017) O equipo deu os seus primeiros pasos no verán de 2016 empregando a denominación xenérica do club, Real Club Deportivo de La Coruña S.A.D.,Acta da final da I Copa Deputación da Coruña Federación Galega de Fútbol. 1 de setembro de 2016 aínda que sendo coñecido popularmente como Deportivo feminino. Contaría cun cadro composto por xogadoras dos principais equipos coruñeses e algunhas das mellores promesas do fútbol galego (Teresa Abelleira, Nuria Rábano ou Raquel Béjar)."Raquel e Tere, primeiras xogadoras profesionais do RC Deportivo", artigo na web oficial do Real Club Deportivo da Coruña, 18 de xaneiro de 2017. A través da profesionalización, a idea era crear un bloque novo co que ir medrando ata acadar o grande obxectivo da entidade, o ascenso a Liga Iberdrola.

O debut tivo lugar o 30 de xullo na Cidade Deportiva de Abegondo nun amigable contra o Portonovo S.D. (4-0)."Primera victoria para el Dépor Femenino" , artigo en El Desmarque, 31 de xullo de 2016.

Durante a pretempada, o Dépor disputou a Copa Deputación da Coruña, torneo que reúne os mellores equipos clasificados da provincia a tempada anterior. Acadou o título logo de gañar todos os partidos con solvencia, incluída a final ante o S.D. O Val (7-0),"O Dépor Feminino A gana a Copa Deputación nunha bonita final ante Ou Val", artigo na web oficial do Real Club Deportivo da Coruña, 1 de setembro de 2016. deixando entrever o potencial do novo proxecto. Ese mesmo verán o equipo xogou o seu primeiro partido en Riazor para disputar a IV edición do trofeo Teresa Herrera; torneo que sumaron ao seu palmarés ao derrotaren nos penaltis ao Villarreal."Os penaltis dan o Trofeo Teresa Herrera ao Deportivo Feminino A", artigo na web oficial do Real Club Deportivo da Coruña, 9 de agosto de 2016.

O primeiro partido oficial do club foi ante o Oviedo Moderno (actual Real Oviedo) no Estadio Ponte dos Brozos de Arteixo o 4 de setembro de 2016 (0-0)."RC Deportivo y Oviedo Moderno empatan sin goles en el partido debut de las blanquiazules en Liga 0-0", artigo na web Ellas también juegan, 4 de setembro de 2016.

A tempada regular foi dominada polas favoritas a priori, o Real Oviedo. As branquiazuis aguantan o tirón e a metade de ano reforzáronse coas primeiras xogadoras internacionais (as venezolanas Gabriela García "Gaby" e Lourdes Moreno "Kika""As venezolanas Kika Moreno e Gabriela García asinan co Dépor Abanca", artigo na web oficial do Real Club Deportivo da Coruña, 1 de febreiro de 2017.) pero as ovetenses non cederon e leváronse finalmente o campionato."¡El Oviedo Moderno, Campeón de Liga!", artigo en La Voz de Asturias, 23 de abril de 2017. As herculinas acadaron na súa primeira tempada un meritorio segundo posto, superando a clubs con máis experiencia e bagaxe na competición.

Consolidación (2017/2018) Esta tempada o equipo pasou a chamarse Deportivo ABANCA tras un acordo coa entidade bancaria de 4 anos de duración. A segunda tempada arrincou cos mesmos obxectivos. O club reforzouse con xogadoras con nome na categoría e que incluso xogaran na Primeira división (Iris Arnaiz"El Dépor le roba la brújula al campeón y ficha a Iris Arnáiz", artigo en La Voz de Galicia, 22 de xuño de 2017. ou Ainize Barea "Peke""El Deportivo se refuerza con Peke", artigo en La Opinión, 15 de xuño de 2017.) para dotar o cadro de xogadoras de experiencia e afrontar con garantías os encontros máis intensos do ano, pasando a contar con 5 xogadoras profesionais. Ademais de sumar á causa algunhas das xogadoras galegas máis prometedoras (Laura Vázquez"Laura Vázquez é a quinta incorporación do Dépor Abanca", artigo na web oficial do Real Club Deportivo da Coruña, 26 de xuño de 2017. ou Patricia Díaz"Patri Rúa, terceiro reforzo do Dépor Abanca", artigo na web oficial do Real Club Deportivo da Coruña, 21 de xuño de 2017.).

En pretempada, o Dépor volveu gañar a Copa Deputación ante o Victoria C.F. (3-0)."El Dépor ABANCA vence la Copa Diputación" , artigo en El Desmarque, 24 de agosto de 2017.

A competición ligueira igualouse e foi un cara a cara entre o Dépor e o Real Oviedo desde a primeira xornada. Ambos os equipos contaron os seus partidos por vitorias e ningún mostrou síntomas de debilidade. Foi tal a igualdade que a liga se decidiu a falta de catro xornadas, nun dramático encontro entre ambas as entidades no que as coruñesas, con todo a favor, sucumbiron na casa ante as asturianas (0-2),El Dépor muere en la orilla", artigo en La Voz de Galicia, 25 de marzo de 2017. perdendo así todas as opcións de loitar polo ascenso a Primeira división.

A pesar da decepción, o equipo rematou a tempada no alto facéndose coa Copa Galicia fronte ás viguesas do Atlántida Matamá (4-0)."O Deportivo ABANCA gaña a Copa e reina no fútbol feminino galego", artigo na web oficial do Real Club Deportivo da Coruña, 1 de maio de 2018.

Consagración e ascenso a Liga Iberdrola (2018/2019) O terceiro ano afrontouse coa experiencia dos triunfos e as derrotas. O club deu un paso máis e fichou xogadoras do talle de Alba Merino,"Alba Merino se convierte en el tercer fichaje del Dépor Femenino", artigo en riazor.org, 1 de xullo de 2018. Ali Muñoz"Ali Muñoz, segunda fichaxe do Dépor ABANCA 2018-2019", artigo na web do Real Club Deportivo da Coruña, 27 de xuño de 2018. ou Maya Yamamoto,"Maya Yamamoto, nueva jugadora del Deportivo Femenino", artigo en riazor.org, 22 de setembro de 2018. futbolistas cun gran percorrido profesional na máxima categoría nacional.

O salto de calidade comezou a apreciarse na Copa Deputación onde o equipo volveu a saír vencedor, de novo, ante o Victoria C.F. (4-0)."El Deportivo Femenino, campeón de la Copa Diputación", artigo en riazor.org, 22 de agosto de 2018.

A tempada regular iniciouse cun empate na casa (2-2)"RC Deportivo Abanca 2 - PM Friol CD Lugo 2" , artigo na web oficial do Club Deportivo Lugo, 9 de setembro de 2018. ante o PM Friol CD Lugo que prendeu todas as alarmas e vaticinou un novo ano á estela dun Real Oviedo que domina no grupo 1 de Segunda división pero non acada o ansiado ascenso. Porén, o equipo dirixido por Manu Sánchez pisou o acelerador e encadeou 23 vitorias consecutivas, unha delas no campo das favoritas (1-3)"El Dépor femenino arrasa en Oviedo y allana su camino hacia Primera", artigo en La Voz de Galicia, 22 de decembro de 2018. que serviu para redimirse do tropezo sufrido meses atrás. Ante este nivel de esixencia cada semana o Real Oviedo rematou por ceder. O Dépor fíxose co seu primeiro campionato de liga o 31 de marzo de 2019 ao golear por cinco goles a cero ao Sárdoma C.F., con tantos de Peke (2), Gaby, Patri López e Tere Abelleira."El Deportivo Femenino golea al Sárdoma y se proclama campeón de Liga", artigo en riazor.org, 31 de marzo de 2019. Obtivo así o seu primeiro pase á fase de ascenso a Primeira división 30 anos despois, escribindo unha nova folla de ouro na historia do club e do fútbol feminino coruñés.