miniatura|Estado actual da caseta e dos penedos. O penedo ou caseta dos mouros é unha peculiar formación situada na estrada que, no concello de Ponteareas, une os barrios da Lomba (Areas) e o Viveiro (Ribadetea). Trátase dunha construción artificial localizada entre uns penedos de grandes dimensións, moi comúns en todo o municipio.
A construción foi obra do primeiro gardamontes da Serra do Galleiro, que vivía na casa do Viveiro (agora en ruínas), empregando este lugar para gardar ferramenta de traballo. miniatura|Casa do Viveiro, antigo fogar do gardamontes da Serra do Galleiro. Lenda Conta a lenda que Amador, o “canteiro de San Blas”, barrio da veciña parroquia de Areas, non cría na lenda da caseta e no seu poder máxico, así como tampouco na existencia de ouro no seu interior. Decidiu facela voar polos aires como acostumaba co resto de pedras e penedos. Dise que cando se dispuña a introducir a dinamita na pedra, esta estourou, ferindo de gravidade ao canteiro, o cal perdeu un brazo e a visión dun ollo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/chozo/ A lenda do Penedo dos Mouros, Ribadetea (Ponteareas)
Categoría:Lendas galegas Categoría:Ponteareas