Pachyrhinosaurus (que quere dicir en grego "lagarto de nariz groso"; de Παχυ (pachy), groso; ρινό (rinó), nariz; e σαυρος (sauros), lagarto)Pachyrhinosaurus-britannica é un xénero extinto de dinosauros da familia Ceratopsidae que viviron a finais do período Cretáceo superior en América do Norte. Os primeiros restos foron descubertos por Charles M. Sternberg en Alberta, Canadá, en 1946, e foi nomeado en 1950. Arredor dunha ducia de cabeiras parciais e unha gran variedades doutros fósiles foron atopados en Alberta e Alasca. Un gran número deles non estiveron dispoñibles para o seu estudo até a década de 1980, o que provocou un aumento no interese en Pachyrhinosaurus.
Notas
Categoría:Fósiles descritos en 1950