A dinastía aiúbidaEntrada aiúbida en Digalego (en al-Ayyūbīyūn; en Xanedana Eyûbîyan) foi unha dinastía musulmá de orixe kurda fundada por Saladino e centrada no Exipto. A dinastía gobernou grandes partes do Oriente Medio durante os séculos XII e XIII. Saladino converteuse en visir do Exipto fatimita en 1169, antes de abolir os fatimitas en 1171. Tres anos despois, proclamouse sultán após a morte do seu mestre, o gobernante zenguita Nur ad-Din. Durante a seguinte década, os aiúbidas lanzaron conquistas ó longo da rexión e en 1183, os seus dominios abranguían o Exipto, a Siria, a alta Mesopotamia, o Hejaz, o Iemen e a costa do norte da África até a fronteira da actual Tunisia. A maioría dos estados cruzados, caeron baixo o poder de Saladino despois da súa vitoria na batalla de Hattin, en 1187, inclusive o Reino de Xerusalén. Porén, os cruzados recuperaron o control da liña costeira da Palestinea na década de 1190.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Estados desaparecidos de África Categoría:Familias reais