Frank Alexander Wetmore, nado o 18 de xuño de 1886 en North Freedom (Wisconsin), e finado o 7 de decembro de 1978 en Glen Echo (Maryland), foi un ornitólogo e paleontólogo estadounidense.Alexander Wetmore en Today in Science History.Alexander Wetmore National Academy of Sciences, Office of the Home Secretary. Biographical Memoirs, Volume 56. ISBN 0-3095-8179-6.
Traxectoria Naceu en North Freedom, Wisconsin, e estudou primeiro na Universidade de Kansas e, posteriormente, na Universidade George Washington.
En 1925 foi nomeado secretario adxunto da Smithsonian Institution, sendo secretario desta entidade entre 1945 e 1952.
Entre outras obras, escribiu A Systematic Classification for the Birds of the World (1930, revisado en 1951 e 1960). A súa ordenación foi amplamente aceptada, permanecendo en uso até a actualidade.
Algunhas publicacións The Book of Birds, 1932. A check-list of the fossil birds of North America, 1940. A Checklist of the Fossil and Prehistoric Birds of North America and the West Indies, 1940, 1956 Song and Garden Birds of North America, 1964. Water Prey and Game Birds of North America, 1965. The Birds of Panama, 4 volumes, 1968.
Abreviatura A abreviatura Wetmore emprégase para recoñecer a Alexander Wetmore como autoridade na descripión e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Beolens, Bo & Michael Watkins (2003): Whose Bird? Common Bird Names and the People They Commemorate. New Haven: Yale University Press. Debus, Allen G. (dir.) (1968): World Who’s Who in Science. A Biographical Dictionary of Notable Scientists from Antiquity to the Present. Chicago: Marquis-Who’s Who.
Ligazóns externas Alexander Wetmore, 1886-1978. Smithsonian Institution Archichives. Biography on the Smithsonian website Kurzbiografie Biografía Biografía In Memoriam: Alexander Wetmore, PDF 531 kB
Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Ornitólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Paleontólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1886 Categoría:Nados en Wisconsin Categoría:Finados en 1978