Os Ancares é unha comarca situada ó leste da provincia de Lugo cuxa capital é Becerreá, que á súa vez é o concello máis poboado. Toma o nome da serra que está situada na parte máis oriental de Galiza, nos límites con Asturias e Castela e León. Pertencen a ela os concellos de Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.
Localización e características É unha zona montañosa que forma parte das serras orientais, que tamén inclúen a comarca da Fonsagrada (ao norte) e O Courel (ao sur). Os Ancares tiña 9 662 habitantes no 2020, e 1 049,96 km2, polo que posúe unha baixa densidade de poboación de 9,20 hab/km2. Os concellos que conforman Os Ancares galegos son Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.
Nos Ancares hai importantes masas forestais de carballo e bidueiro, acompañados de abeleiras, cancereixos, acivros, pradairos e teixos. Tamén hai mato abondo, como é o caso das uceiras e piornais predominantes. Na comarca aínda se pode ver ocasionalmente o oso pardo, en vías de extinción, e podería quedar algún exemplar illado da pita do monte.
Os concellos de Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna confroman dende o ano 2006 a Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.
Poboación
Padrón municipal 2020 9.662 habitantes Menores de 15 anos 572 (5,92 %) Entre 16 e 64 anos 5.182 (53,63 %) Maiores de 65 anos 3.908 (40,45 %)
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Outros artigos Serra dos Ancares
Ancares