Veneranda García-Blanco Manzano, coñecida tamén como Veneranda Manzano, nada en Belonciu (Piloña) o 27 de abril de 1893 e finada en Oviedo o 10 de febreiro de 1992, foi unha mestra e política española, deputada durante a Segunda República.

Traxectoria Mestra de profesión, residiu en Cuba durante a década de 1920. Militante socialista, foi elixida deputada por Oviedo das Cortes republicanas nas eleccións de 1933.

Ó remate da guerra civil española pasou a Francia, alí perdería a visión e máis tarde asentaríase exiliada en México. Veneranda, á que se lle retirou o carné do PSOE xunto a Negrín e o resto dos seus seguidores en 1946, converteríase en membro do PCE en 1947. Retornou a España en 1976.

Faleceu en Oviedo o 10 de febreiro de 1992.

Notas

Categoría:Nados en 1893 Categoría:Finados en 1992 Categoría:Políticos de Asturias Categoría:Nados en Piloña Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Deputados nas Cortes da II República