miniatura|250px|Imaxe do deserto de Taklamakan dende o espazo.
O deserto de Taklamakan ou Takla Makan (en ; pinyin: Tǎkèlāmǎgān Shāmò; Xiao'erjing: ; en ; en ) é un gran deserto de Asia Central, na Rexión Autónoma uigur de Xinjiang, na República Popular da China. É o segundo deserto de dunas de area máis grande do mundo (tras o do Rub al-Khalí), con dunas que oscilan entre 100 e 300 m de altura.
O nome é probablemente un préstamo ó uigur da palabra árabe tark, que significaría «abandonar, deixar só, deixar atrás», + makan, «lugar». Unha etimoloxía popular afirma erroneamente que Takla Makan significa «entra e nunca sairás», ou tamén «mar da morte».E.M. Pospelov, Geograficheskiye nazvaniya mira (Moscow, 1998), p. 408. Gunnar Jarring,'The Toponym Takla-makan',Turkic Languages vol 1, 1997, pp 227-40. But see Christian Tyler, Wild West China, John Murray 2003, p. 17. Unha explicación alternativa deriva o topónimo da expresión túrca; taqlar makan ou sexa, "lugar de ruínas".Tamm, Eric Enno (2010). The Horse That Leaps Through Clouds. Vancouver/Toronto/Berkeley: Douglas & McIntyre. ISBN 978-1-55365-638-8 (ebook en inglés). Páxina 139
Descrición esquerda|miniatura|250x250px|Vista do deserto de Taklamakan. Abrangue unha área de 270 000 km². Polo seu bordo setentrional e meridional atravésano dous ramais da ruta da seda. Os principais oasis son Kasgar, Yarkand (sobre o río Yarkand) e Jotán (Hetian), no suroeste; Kuqa e Turfán, no norte; e Loulan e Dunhuang, no leste. O río Yurungkash (río xade Branco), chamado así polos depósitos de xade que se atopan nel, atravesa este deserto.
Agás polo leste, está rodeado de altas montañas, polo que dende elas descenden ríos moi impetuosos.
Notas
Categoría:Desertos da China