Andrew Jeremy Wakefield, nado en Eton en 1957, é un ex-médico británico e activista do movemento antivacinas. Foi gastroenterólogo ata que o colexio médico británico o expulsou por comportamento antiético, mala praxe e deshonestidade ao ser o autor dun artigo de investigación fraudulento"Un estudo con 650.000 nenos confirma a evidencia: as vacinas non causan autismo"Gciencia, 5 de marzo de 2019"A história que deu origem ao mito da ligação entre vacinas e autismo". BBC, 24 de xullo de 2017 que asociaba a vacina vírica tripla coa colite e perturbacións do espectro autista Wakefield A, Murch S, Anthony A; et al. (1998). «Ileal-lymphoid-nodular hyperplasia, non-specific colitis, and pervasive developmental disorder in children». The Lancet. 351 (9103): 637–41. PMID 9500320. doi:10.1016/S0140-6736(97)11096-0. Traxectoria Fillo dun neurólogo e dunha médica de familiaGoddard A. "In the news: Andrew Wakefield" Times Higher Education Supplement, 27 de febreiro de 2004, estudando na exclusiva King Edward's School de Bath para logo realizar medicina na St Mary's Hospital Medical School (agora Imperial College School of Medicine), licenciándose en 1981 e entrando no Royal College of Surgeons en 1985. Entre 1986 e 1989 realizou labores de investigación na Universidade de Toronto. De volta a Inglaterra traballou no programa de transplante de fígado do Royal Free Hospital de Londres . En 1993 Wakefield fíxose coñecido no ámbito médica ao publicar informes nos que concluía que o virus do xarampón podería causar o mal de Crohn; e dous anos máis tarde publicou un artigo en The Lancet propoñendo unha ligazón entre a vacina do xarampón e o mal de Crohn. Investigacións posteriores non puideron confirmar esta hipótese. En 1996 comezou a investigar as posibles conexións entre a vacina vírica tripla e o autismo. Controversia sobre a vacina vírica tripla No número do 28 de febreiro de 1998 de The Lancet publicouse un estudo asinado por Wakefield como autor principal sobre doce nenos con autismo e no que se propua unha nova síndrome denominada enterocolite autista e establecía a posibilidade dunha ligazón entre unha nova forma de enfermidade intestinal, autismo, e a vacina vírica tripla. O artigo converteuse dende o primeiro en controvertido, con ampla publicidade nos medios de comunicación británicos e a convocatorio dunha sesión extraordinaria do Medical Research Council o 23 de marzo.
Aínda que no estudo se afirmaba que non había conexión probada, antes de se publicar Wakefield convocou unha conferencia de prensa chamando á suspensión da vacina vírica tripla ata se realizaren máis investigacións. Segundo BBC News, foi esta conferencia de prensa máis que a publicación en The Lancet, o que sementou dúbidas entre a poboación contra da vacina vírica tripla. En novembro de 2000 nunha entrevista no programa informativo norteamericano 60 Minutes repetiu esas demandas, fornecéndolle un foco ao incipiente movemento antivacinas nos Estados Unidos, ata entón preocupado polo uso de tiomersal nas vacinas. En decembro de 2001 dimitiu das súas funcións no Royal Free Hospital e continuou realizando investigacións clínicas nos Estados Unidos, uníndose ao controvertido doutor Jeff Bradstreet no Child Development Resource Center e a partir de 2004 no Thoughtful House Research Center en Austin. Nese ano unha investigación do xornalista Brian Deer publicada no Sunday Times revelou a existencia de conflitos de intereses financeiros por parte de Wakefield o que causou que a maioría dos seus coautores retirara o seu apoio ás súas interpretacións do artigo publicado en 1998
Logo desas acusacións o General Medical Council abriu unha investigación por mala praxe contra Wakefield e dous dos seus antigos colegas. A investigación centrouse nos numerosos descubrimentos de Deer, incluído o someter a varios nenos autistas a procedementos médicos invasivos e innecesarios ( colonoscopias e mais puncións lumbares) e que Wakefield actuou sen a necesaria aprobación dun comité de ética.
O 28 de xaneiro de 2010 un tribunal composto por cinco membros do GMC verificou probadas 32 acusacións, entre elas catro de fraude e doce de abuso de nenos con discapacidade de desenvolvemento. O comité ditaminou que Wakefield «fallara no seu deber como médico especialista responsable», actuado contra dos intereses dos seus pacientes e que obrara «de xeito deshonesto e irresponsable» na publicación da súa investigación. Despois das conclusións do GMC, The Lancet retractouse de forma inmediata e por completo do artigo publicado en 1998, sinalando que se falsificaran os datos do manuscrito. Wakefield quedou excluído do rexistro médico en maio de 2010 coa observación: falsificación fraudulenta o que se reflectiu na revogación da licenza para exercer a medicina no Reino Unido.
En xaneiro de 2011 un editorial que acompañaba un artigo de Brian Deer no British Medical Journal (BMJ) describía o traballo de Wakefield como un "elaborado fraude", e nun artigo posterior Deer declarou que Wakefield proxectaba establecer unha empresa que, grazas á alarma suscitada contra da vacina vírica tripla, se lucraría con novos exames médicos e "análises motivadas por litixios" En novembro de 2011, outra reportaxe publicada no BMJ revelou datos orixinais sen procesar que indicaban que, contra do que se afirmaba no artigo de The Lancet, os nenos da súa investigación non padecían enfermidade inflamatoria intestinal ningunha. Wakefield negou as acusacións na súa contra e continúa a teimar na súa loita contra da vacina vírica tripa. En 2016 dirixiu o documental antivacinas Vaxxed.
Notas
Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Berkshire Categoría:Médicos de Inglaterra Categoría:Alumnos do Imperial College London