A feira do pemento de Oímbra celébrase no municipio galego de Oímbra, na provincia de Ourense. Está recoñecida como festa de interese turístico galego. Características

O seu produto central é o pemento de Oímbra cultivado na zona de produción, que se colleita verde, nun estado de maduración intermedia. Estes pementos están amparados pola Indicación Xeográfica Protexida. As características deste pemento son peculiares: teñen un sabor doce, non pican pola ausencia de capsaicina e o seu olor é de intensidade media.

A feira tivo a súa primeira celebración no ano 1997 e dende entón celébrase anualmente o primeiro domingo de agosto. Comezou sendo unha festa popular ata chegar a ter unha media de 4000 visitantes. A festa celébrase na Carballeira, situada ao carón da Casa do Concello, alí ofrecese dende música folclórica en directo ata unha feira agrícola.

A feira reserva un espazo destinado ao público infantil, cunha oferta de xogos de lecer. Tamén se acostuma ofrecer unha degustación de viño e dos propios pementos.

O maior atractivo da festa é a comida popular, nunha carpa. Nesta comida pódese degustar o pemento de diversas formas, xa sexa recheo por exemplo ou de forma tradicional frito. Na comida non só triunfa o pemento, tamén podemos desfrutar de carnes e polbo. Esta comida está amenizada cun acompañamento de música tradicional en directo (gaiteiros, pandeireteiros etc.)

Outro dos momentos máis significativos da feira é o concurso. Nel particípase cun prato onde o ingrediente principal é o pemento. Os pratos expóñense ó público para poder observar a creatividade de cada un deles. Ó final do día exponse o gañador.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Festa gastronómica Festas de interese turístico de Galicia Ligazóns externas Pimiento de Oímbra España Fascinante. Fundación Zuloaga .

Categoría:Oímbra

Categoría:Festas gastronómicas de Galicia Categoría:Festas de interese turístico de Galicia Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes