Simón González Salgado, nado en San Cibrao das Viñas o 13 de agosto de 1964, é un deportista de kickboxing, campión do mundo en trece ocasións na modalidade de Full Contact. Na actualidade reside na cidade de Vigo onde imparte clases de boxeo, kickboxing e full contact no seu propio ximnasio.

Traxectoria Simón González Salgado comezou a súa traxectoria no ano 1982 no ximnasio Smash, dirixido por Carlos Conde, quen nese momento era Campión de Europa. Nos seus inicios neste deporte o seu principal obxectivo era pasar tempo cos seus compañeiros, mais cando se deron conta do seu potencial, animárono a implicarse nesta disciplina comezando así no campionato afeccionado. Nesta categoría logrou numerosos éxitos en diferentes pesos (lixeiro, wélter, medio e semipesado).

Coroouse campión de Galicia, tres veces campión de España e campión de Europa. Posteriormente deu o salto ao campo profesional no que conseguiu dous campionatos de España (peso medio e semipesado) e trece títulos mundiais en tres pesos diferentes (semipesado, cruceiro e pesado). Na actualidade adestra novas promesas do kickboxing no seu propio ximnasio, unha delas é Alberto Loureiro, campión de España e terceiro no campionato de Europa.

En xuño do 2014, cando tentaba arranxar as humidades do tellado da súa casa, escorregoulle un dos pés da escaleira e caeu dende unha altura considerable. Debido a que todo o peso caeu sobre os seus talóns, rompeu unha vértebra que ao desprazarse tocou a medula. Como consecuencia deste accidente sofre unha paraplexía cun entre 5 e 10 por cento de posibilidades de recuperar a sensibilidade nas pernas.

Palmarés como afeccionado Campión Galego 1983

Data: 13 de febreiro de 1983. Lugar: Noia. Peso: Lixeiro. Adversario: Moisés Hermo. Resultado: Vencedor por K.O. no segundo asalto.

Campión de España en 1983

Data: 1 de outubro de 1983. Lugar: Benidorm. Peso: Welter. Adversario: Yago Fernández. Resultado: Vencedor por K.O. no primeiro asalto.

Campión de Europa en 1985

Data: 21 de abril de 1985. Lugar: Alacante. Peso: Welter. Adversario: Eri Vettiol. Resultado: Vencedor por K.O. no terceiro asalto.

Campión de España en 1987

Data: 7 de febreiro de 1987. Lugar: Madrid. Peso: Semipesado. Adversario: Rubén González. Resultado: Vencedor por abandono.

Campión de España 1987

Data: 7 de febreiro de 1987. Lugar: Ourense. Peso: Medio. Adversario: Pedro Reinares. Resultado: Vencedor por puntos.

Palmarés como profesional Campión de España en 1987

Data: 5 de maio de 1987. Lugar: Ourense. Peso: Medio. Adversario: Ramón Gallego. Resultado: Vencedor por K.O. no quinto asalto.

Campión de España de 1995

Data: 29 de decembro de 1995. Lugar: Ourense. Peso: Semipesado. Adversario: Antonio da Silva. Resultado: Vencedor por abandono.

Campión do mundo ISKA 1996

Data: 22 de xuño de 1996. Lugar: Vigo. Peso: Semipesado. Adversario: Michael Jaquet. Resultado: Vencedor por K.O. no décimo primeiro asalto.

Campión do mundo ISKA 1997

Data: 5 de xullo de 1997. Lugar: Vigo. Peso: Semipesado. Adversario: Stefano Tamiazo. Resultado: Vencedor por K.O. no quinto asalto.

Campión do mundo ISKA 1998

Data: 10 de outubro de 1998. Lugar: Oviedo. Peso: Semipesado. Adversario: Darrew Bowman. Resultado: Vencedor por K.O. no quinto asalto.

Campión do mundo WAKO 1999

Data: 27 de febreiro de 1999. Lugar: Portugal. Peso: Semipesado. Adversario: Paulo Nogueira. Resultado: Vencedor por puntos.

Campión do mundo WAKO 1999

Data: 29 de abril de 1999. Lugar: Os Azores. Peso: Cruceiro. Adversario: David Lawhorn. Resultado: Vencedor por K.O. no quinto asalto.

Campión do mundo WAKO 2000

Data: 26 de xuño do 2000. Lugar: Ourense. Peso: Cruceiro. Adversario: Nicolás Maruzzi. Resultado: Vencedor por K.O. no quinto asalto.

Campión do mundo WAKO 2001

Data: 17 de xuño de 2001. Lugar: Vigo. Peso: Cruceiro. Adversario: Paulo Nogueira. Resultado: Vencedor por puntos.

Campión do mundo WAKO 2001

Data: 6 de xullo de 2001. Lugar: Vigo. Peso: Cruceiro. Adversario: Pablo Nogueira. Resultado: Vencedor por puntos.

Campión do mundo WAKO 2002

Data: 6 de xullo do 2002. Lugar: Vigo. Peso: Cruceiro. Adversario: Mustafa Lakhsen. Resultado: Vencedor por K.O. no quinto asalto.

Campión do mundo WAKO 2002

Data: 6 de decembro do 2002. Lugar: Iugoslavia. Peso: Cruceiro. Adversario: Goran Scékic Resultado: Vencedoor por K.O. no noveno asalto.

Campión do mundo WAKO 2003

Data: 13 de xuño do 2003. Lugar: Ourense. Peso: Cruceiro. Adversario: Johan Lemair. Resultado: Vencedoor por K.O. no noveno asalto.

Campión do mundo WAKO 2004

Data: 5 de xuño do 2004. Lugar: Vigo. Peso: Pesado. Adversario: Anatoly Nossirev. Resultado: Vencedor por puntos.

Campión do mundo WAKO 2004

Data: 13 de novembro do 2004. Lugar: Francia. Peso: Pesado. Adversario: Johan Lemair. Resultado: Vencedor por K.O no oitavo asalto.

Campión do mundo WAKO 2004

Data: 18 de xuño do 2005. Lugar: Ourense. Peso: Pesado. Adversario: Nicolaev Sergej.. Resultado: Vencedor por K.O. no quinto asalto.

Premios A Federación Galega de Kickboxing outorgoulle no ano 2016 o premio ao mellor adestrador e ademais nomeouse o seu ximnasio como o mellor club de Galicia. Ao longo da súa vida recibiu numerosas condecoracións deportivas, tanto polo seu labor dentro do cuadrilátero como fóra. En 2018 recibiu de mans do presidente do Comité Olímpico Español, o tamén ourensán Alejandro Blanco, a insignia olímpica ao mérito deportivo pola súa traxectoria no mundo do kickboxing.

Véxase tamén Ligazóns externas Ximnasio Simón Simón González recibió insignia olímpica al mérito La Voz de Galicia, 23/7/2018 . «Los jóvenes deben convencerse de que no pueden rendirse por un revés» La Voz de Galicia, 21/2/2017 .

Categoría:Nados en San Cibrao das Viñas Categoría:Nados en 1964 Categoría:Deportistas de Galicia