Os leptodactílidos (Leptodactylidae) constitúen unha familia de ras de Suramérica e Centroamérica. O seu nome vén do grego e significa 'dedos delgados'. É unha familia moi diversa que probablemente diverxeu no Cretáceo doutras ras hiloides. A familia sufriu revisións taxonómicas importantes en anos recentes, como a reclasificación da súa anterior subfamilia Eleutherodactylinae como a familia Eleutherodactylidae; deste xeito, agora Leptodactylidae contén 206 especies en 15 xéneros distribuídos por México, o Caribe, Centroamérica e Suramérica. A familia comprende especies terrestres, escavadoras, acuáticas e arbóreas, que habitan nunha ampla variedade de hábitats.

Varios dos xéneros de Leptodactylidae poñen os seus ovos en niños de escuma, que se poden depositar en gretas, na superficie da auga ou no chan do bosque. Estes niños de escuma son os máis variados entre as ras. Cando os ovos eclosionan en niños depositados no chan do bosque, os cágados permanecen dentro do niño, e non comen ata que experimentan a metamorfose.

Clasificación

A mediados de 2015, Amphibian Species of the World usaba esta clasificación: Leiuperinae Bonaparte, 1850 (90 especies) Edalorhina Jiménez de la Espada, 1870 Engystomops Jiménez de la Espada, 1872 Physalaemus Fitzinger, 1826 Pleurodema Tschudi, 1838 Pseudopaludicola Miranda-Ribeiro, 1926 Leptodactylinae Werner, 1896 (1838) (96 especies) Adenomera Steindachner, 1867 Hydrolaetare Gallardo, 1963 Leptodactylus Fitzinger, 1826 Lithodytes Fitzinger, 1843 Paratelmatobiinae Ohler e Dubois, 2012 (13 especies) Crossodactylodes Cochran, 1938 Paratelmatobius Lutz e Carvalho, 1958 Rupirana Heyer, 1999 Scythrophrys Lynch, 1971

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Leptodactylidae, en Tree of Life Web Project Taxonomía de Leptodactylidae, no buscador de taxonomía do NCBI Clasificación de Leptodacylidae, en Animal Diversity Web Descrición dos leptodactílidos, en AmphibiaWeb

Categoría:Anuros