Alan Frederick Lascelles, nado en Sutton Waldron o 11 de abril de 1887 e finado en Kensington o 10 de agosto de 1981, foi un funcionario público británico, secretario privado de Xurxo VI e Isabel II.

Traxectoria Naceu no seo dunha familia aristocrática, seu pai era o comandante Frederick Canning Lascelles, fillo de Henry Lascelles, conde de Harewood e súa nai Frederica Maria Liddell era neta de Thomas Liddell, barón de Ravensworth. Estudou no Marlborough College e no Trinity College de Oxford e logo serviu en Francia coa Bedfordshire Yeomanry durante a primeira guerra mundial co rango de capitán e logrando unha cruz militar. Despois foi asistente de campo de George Lloyd, o gobernador de Bombai de 1919 a 1920.

Volveu ao Reino Unido e foi secretario privado adxunto do príncipe Eduardo de 1920 ata a súa renuncia en 1929 por fondas diferenzas co príncipe sobre o seu comportamentoMurphy, Philip (2013) Monarchy and the End of Empire: The House of Windsor, the British Government, and the Postwar Commonwealth Oxford University Press, p. 24. Entre 1931 e 1935 foi secretario do gobernador xeral do Canadá Vere Ponsonby. En 1935 converteuse en secretario privado adxunto do rei Xurxo V.

En xaneiro de 1936 logo da morte do rei, ao ascender ao trono o príncipe de Gales como Eduardo VIII, Lascelles serviu como secretario privado adxunto do rei ata a abdicación real en decembro de 1936, e mantivo o mesmo posto co novo rei Xurxo VI. Durante a visita real ao Canadá de 1939, que tamén incluía cidades dos Estados Unidos, o rei investiuno cabaleiro da Real Orde Vitoriana o 8 de xuño nun tren mentres estaban en territorio estadounidense McCreery, Christopher (2008) On Her Majesty's Service: Royal Honours and Recognition in Canada Toronto: Dundurn, p. 31.

En xullo de 1943 converteuse no secretario privado principal do rei e membro do Consello Privado do Reino Unido "Privy Council Meeting. Liverpool Daily Post, 23 de xullo de 1943; posicións que mantivo coa subida ao trono da raíña Isabel II de 1952 a 1953. Asemade dende 1945 The Gazette nº 37019, p. 1851, 6 de abril de 1945 ] e ata 1953 foi conservador dos Arquivos Reais. Tras retirarse do servizo activo o último día de 1953, declinou entrar na Cámara dos Lords cun título nobiliario mentres si aceptou o nomeamento como cabaleiro gran cruz da Orde do Baño Hart-Davis, Duff (2006). King's Counsellor: Abdication and War, the Diaries of Sir Alan Lascelles..

Notas

Categoría:Nados en 1887 Categoría:Nados en Dorset Categoría:Militares do Reino Unido Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford