Abel Tomé, nado en Outes en 1984, é un xornalista e escritor en lingua galega.

Traxectoria Estudou secundaria no IES Poeta Añón. Fixo un ciclo de Frío Industrial e chegou a traballar como soldador. Logo estudou xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. En 2018 realizou un mestrado en Dereitos Humanos.

En 2017 quedou finalista do Premio de narrativa Illa Nova con A noite do corvo. En 2019 gañou o mesmo premio con A noite do lobo, na que o xurado destacou que «o autor emprega unha prosa dinámica, contida, na que nada sobra e coa que logra construír imaxes contundentes»; e ademais subliñou que "o dominio da lingua e a escolla dos topónimos e antropónimos colaboran, sen dúbida, a engrandecer a ficción".

En 2022 quedou finalista do Premio Merlín con Liliam Strawberry e o paxaro da morte, que gañou en 2024 con Milú e o edificio das persoas extraordinarias.

Obras A noite do corvo (2018).Vigo: Galaxia. 204 páxs. ISBN 978-84-9151-170-0. A noite do lobo (2019). Vigo: Galaxia. 216 páxs. ISBN 978-84-9151-357-5. Foi traducida ao inglés. A noite do oso (2024). Vigo: Galaxia. 190 páxs. ISBN 978-84-1176-219-9.

Infanto-xuvenil

Liliam Strawberry e o paxaro da morte (2023). Ilustracións de Blanca Vila. Vigo: Xerais, Merlín. 184 páxs. ISBN 978-84-1110-266-7. ePub: ISBN 978-84-1110-282-7. Milú e o edificio das persoas extraordinarias (2024). Vigo: Xerais. 144 páxs. ISBN 978-84-1110-548-2. ePub: ISBN 978-84-1110-593-4. miniatura|Fran Alonso, Raquel Fernández, Marta Villar, Abel Tomé, Sara Vila na Biblioteca Torrente Ballester de Bueu presentando os Premios Xerais 2024, acto organizado pola Libraría Miranda.

Premios 2013: xunto a outros compañeiros, o Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro. 2015: primeiro premio de poesía Revista A Pipa. 2019: Premio de narrativa Illa Nova con A noite do lobo. 2024: Premio García Barros por A noite do Oso. 2024: Premio Merlín por Milú e o edificio das persoas extraordinarias. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista a Abel Tomé: A noite do Corvo. galiciaalive.com. 30/08/2018

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Premio Illa Nova Categoría:Nados en Outes Categoría:Nados en 1984 Categoría:Gañadores do Premio García Barros