O Club Deportivo Ourense foi un club de fútbol galego da cidade de Ourense. Foi fundado no 1952, logo da desaparición da Unión Deportiva Orensana. Logo de descender de Segunda división B a Terceira División por mor de falta de pagamentos, en xullo de 2014 renunciou a participar en calquera competición de cara á campaña 2014/15"Fin a 62 anos de historia" , artigo en Galicia Confidencial, 16 de xullo de 2014..
O CD Ourense xogou 13 tempadas na Segunda División, acadando o terceiro posto nas tempadas 1959–60 e 1961–62. Entre os seus títulos constan dúas Copa Federación e 8 ligas de Terceira División.
Historia Orixes O Club Deportivo Ourense ten as súas orixes na Unión Deportiva Orensana, fundada no 1942. Ao ano seguinte logrou o ascenso á Terceira División, onde xogou ata 1949, cando logrou subir á Segunda División debido a ampliación do número de equipos.Historia da Unión Deportiva Orensana, no blog Sena fútbol Marín, decembro de 2009 .
A UD Orensana debutou en Segunda na tempada 1949–50 e mantívose tres campañas na división de prata, con postos na zona media da clasificación, até que descendeu na tempada 1951–52 ao rematar antepenúltimo, en 14º lugar. Ese mesmo ano chegaron á final da Copa Federación, perdendo co Real Jaén. Logo dese partido, a directiva anunciou suspensión de pagos ao non poder pagar aos xogadores, que marcharon a outros equipos. Ao non poder continuar coa xestión, a entidade desapareceu.
Nacemento do Club Deportivo Ourense O Club Deportivo Ourense constituíuse o 10 de setembro do 1952 co nome de Club Deportivo Orense, con Jesús Díaz Varela na presidencia."Temporada 1952-53" , historia do CD Ourense . O club, formado con xogadores locais e afeccionados, debutou en división rexional, pero logrou o ascenso á Terceira División o primeiro ano debido a unha vacante. Tras unha primeira tempada de consolidación na categoría marcouse como obxectivo o ascenso á Segunda División.
O equipo clasificouse para as fases finais polo ascenso en tres ocasións consecutivas, acadándoo finalmente no cuarto intento na tempada 1958–59, tras derrotar ao CD Getxo. Logo de acadar o terceiro posto na tempada de debut en Segunda División, o equipo mantívose cinco anos máis na división de prata. Na campaña 1964–65 descendeu ao finalizar en penúltimo lugar do seu grupo."Breve historia" , historia do CD Ourense .
Nas seguintes campañas logrou unha forte superioridade sobre os rivais nas categorías rexionais, copando as primeiras posicións do seu grupo. O equipo mantívose invicto en liga dende marzo de 1967 ata abril de 1969, cando foi derrotado polo Vetusta. Foron 67 partidos invicto, unha marca histórica que non foi superada ata 50 anos despois, nos que o Ourense marcou 197 goles, encaixando só 17. No 1969 conseguiu o regreso á segunda división tras vencer ao Bilbao Athletic, se ben só permaneceu alí un ano ao terminar en última posición. Regresou de novo a Segunda no 1973. A nova andaina na categoría de prata comezou con León Lasa no banco, pero este foi destituído tras 15 xornadas, ocupando o equipo a penúltima posición da táboa. Substituíuno o coruñés José Antonio Naya, que conseguiu salvar o equipo do descenso rematando no 12º posto final. Con todo, volveu descender na tempada 1974/75, na que pasaron polo banco ata tres adestradores: Manolín, Bermúdez e Manuel Arias. Na Copa do Xeneralísimo, o equipo eliminou sucesivamente a Deportivo da Coruña, Barakaldo e Cultural Leonesa, enfrontándose nos oitavos de final ao Real Madrid. No partido de ida nun estadio do Couto ateigado, o gardameta do Ourense, Rafael Santamaría, conseguiu manter a portería a cero, do mesmo xeito que o fixo o porteiro do Real Madrid, o ourensán Miguel Ángel. No encontro de volta no Bernabéu, gañou o Real Madrid por 3-1, con goles de Roberto Martínez, Pirri e Amancio, sendo o gol ourensán obra de Antonio Ordax.
Vinte anos até o ascenso Coa introdución da Segunda División B, o CD Ourense tivo dificultades para emprender o obxectivo do ascenso e atravesou unha crise deportiva. No 1980 non puido evitar descender á Terceira División, manténdose nela ata 1985. Nove anos despois, con Antonio Teixidó e José María Gómez Fuertes como adestradores, logrou o ascenso á segunda división, tras acabar a liga en terceiro lugar e logo de eliminar na liguiña de ascenso o Real Jaén, Sestao River e Gramenet."El Ourense, nuevo Segunda A", artigo en Mundo Deportivo, 5 de xuño de 1994 . O equipo rematou a campaña 1994–95 en última posición e descendeu á Segunda B, pero regresou no 1996, ano en que a entidade se converteu en sociedade anónima deportiva. Asemade, por estas datas pasou a galeguizar o seu nome. Durante tres tempadas o club loitou por manterse, pero na tempada 1998–99 descendeu de novo.
Últimos anos O CD Ourense intentou volver á Segunda División sen éxito. En anos posteriores as dificultades económicas minguaron o equipo, que tivo que facer varias ampliacións de capital para garantir a súa existencia. Na tempada 2007–08 os resultados na liga regular empeoraron. Malia que ese mesmo ano gañou a Copa Federación tras impoñerse na final ao Reus, acabou 17º na clasificación do grupo I da Segunda B, polo que descendeu á Terceira División. Este feito agravou a situación económica do club, que acumulou faltas de pagamentos a xogadores e estivo a piques de desaparecer."El Ourense agoniza" , artigo en Notas de fútbol, 4 de outubro do 2006 . Porén, logrou manterse en Terceira División con xogadores galegos e da canteira. Na tempada 2011–12 resultou campión, clasificándose para a fase de ascenso como primeiro de grupo, debendo xogar contra o CD Laudio na primeira eliminatoria. Tras gañar (1–3) en terras arabesas, no partido de volta venceu por un gol no Couto, logrando así o ascenso a Segunda División B.
Na tempada 2012–13 o club perdurou na Segunda División B tras conseguir o posto 12º na clasificación. Fíxose tamén oficial a renovación por dúas tempadas do adestrador Luisito.
O 10 de abril do 2014 o equipo logrou a súa segunda Copa Federación tras impoñerse ao Guadalajara na dobre final (perdeu 0–1 na ida en Guadalaxara e venceu 2–0 na volta no Estadio do Couto). O 27 de abril dimitiu a directiva encabezada por Alejandro Estévez, logo da petición reiterada por parte do equipo e do persoal do club, logo de meses sen cobrar.El plantel del Ourense exige por escrito la dimisión de su directiva; La Voz de Galicia, 27 de abril de 2014 La directiva del Ourense dimite tras la presión de sus socios; La Voz de Galicia, 28 de abril de 2014 Pese a quedar 8º clasificado no campionato de Segunda División B na tempada 2013–14, o equipo descendeu a Terceira División por impagamentos aos seus xogadores.Descenso administrativo del Ourense a Tercera; Marca, 30 de xuño de 2014 O 15 de xullo de 2014 remitiu un escrito á Federación Galega de Fútbol renunciando á súa praza en Terceira División, abocando á entidade á liquidación. Despois da desaparición, dous equipos pretenderon ocupar o seu espazo: o Ponte, renomeado como Ourense Club de Fútbol, orixinalmente do barrio da Ponte, e a Unión Deportiva Ourense, de nova creación. Ao final, foi a segunda a que se converteu, logo dun meteórico ascenso de Terceira Galega a Terceira División en catro anos, no club de fútbol de referencia en Ourense.
Xogadores 2012/13 Cadro actual
Goleadores por tempada Máximos goleadores por tempada Tempada Xogador P.Xogados P.Titular Minutos Goles Cos mesmos goles 1959–60 Rivera 34 34 3.060 27 1960–61 Chicha 20 20 1.800 10 1961–62 Abel Fernández 32 32 2.880 20 1962–63 Wilson 18 18 1.620 11 1963–64 Arcángel 23 23 2.070 10 1964–65 Leardi 11 11 990 7 Terrén1964–65 Wilson29222.61022 1969–70 Carballeda 32 31 2.549 7 1973–74 Eloy 21 20 1.627 7 Pachín 1974–75 Pataco 36 30 2.546 7 Chinchurreta 1986–87 Xavier Montoto 39 37 3.298 8 1987–88 Mesones 33 33 2.504 14 1988–89 Mugüerza 36 36 3.125 11 Quecho 1989–90 Quecho 31 21 1.943 5 1990–91 Pichi Lucas 37 37 3.243 17 1991–92 Quecho 37 35 2.787 19 1992–93 Quecho 25 19 1.758 12 1993–94 Santi 42 38 3.354 21 1994–95 Santi 28 20 1.829 6 1995–96 Santi 35 23 2.050 12 1996–97 Batrović 35 35 3.025 8 1997–98 Mornar 31 29 2.420 8 1998–99 Kortina 40 38 3.313 7 1999–00 Óscar Martínez 29 14 1.551 10 2000–01 Quico 46 46 4.069 25 2001–02 Quico 38 38 3.422 17 2002–03 Quico 26 22 2.113 8 2003–04 Nacho García 40 35 2.964 22 2004–05 Rubén Durán 35 31 2.726 8 Cabarcos 2005–06 Óscar Martínez Cid 25 14 1.429 8 2006–07 Óscar Martínez Cid 32 25 2.411 8 2007–08 Anxo 27 22 2.046 9 2008–09 - - - - - - - - - - - - - - - 2009–10 - - - - - - - - - - - - - - - 2010–11 - - - - - - - - - - - - - - - 2011–12 - - - - - - - - - - - - - - - 2012–13 Jona 20 17 1.560 13 2013–14 Iker Alegre 34 34 2.914 9
Uniforme Uniforme titular: Camiseta vermella, pantalón azul e medias vermellas.
Estadio Xoga no campo do O Couto, con capacidade para 5.659 persoas e unhas dimensións de 105 x 68 metros.
Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 13 Tempadas en 2ªB: 24 (Incluída a 2013–14) Tempadas en 3ª: 24 Mellor posto na liga: 3º (2ª tempadas: 1959–60, 1961–62) Peor posto na liga: 22º (2ª tempada: 1998–99)
Historial na liga TempadaCategoríaPosto1953/543ª15º1954/553ª4º1955/563ª1º1956/573ª1º1957/583ª2º1958/593ª1959/602ª3º1960/612ª4º1961/622ª3º1962/632ª7º1963/642ª8º1964/652ª1965/663ª2º1966/673ª1º1967/683ª1º1968/693ªTempadaCategoríaPosto1969/702ª1970/713ª1º1971/723ª3º1972/733ª1973/742ª12º1974/752ª1975/763ª5º1976/773ª1977/782ªB3º1978/792ªB8º1979/802ªB1980/813ª5º1981/823ª2º1982/833ª3º1983/843ª2º1984/853ªTempadaCategoríaPosto1985/862ªB6º1986/872ªB13º1987/882ªB3º1988/892ªB3º1989/902ªB13º1990/912ªB7º1991/922ªB5º1992/932ªB5º1993/942ªB1994/952ª1995/962ªB1996/972ª15º1997/982ª16º1998/992ª1999/002ªB2º2000/012ªB2ºTempadaCategoríaPosto2001/022ªB11º2002/032ªB9º2003/042ªB4º2004/052ªB9º2005/062ªB14º2006/072ªB15º2007/082ªB2008/093ª3º2009/103ª3º2010/113ª3º2011/123ª2012/132ªB12º2013/142ªB
Filiais O filial do CD Ourense é o Ourense B, tamén chamado Atlético Ourense. Na tempada 2012/13 o filial do CD Ourense logra o ascenso a Rexional Preferente despois de acadar a 2ª posición na táboa clasificatoria.
Palmarés Torneos nacionais Copa Federación Galega de Fútbol (1): 1962 Campionato Galego de Afeccionados (1): 1968–69 Fase Autonómica Galega da Copa RFEF (2): 2007–08, 2013–14
Torneos estatais Copa RFEF (2): 2008, 2014 Terceira División (8): 1955–56, 1956–57, 1958–59, 1966–67, 1967–68, 1968–69, 1972–73, 2011–12 Subcampión da Segunda División B (2): 1999–00, 2000–01 Subcampión da Terceira División (7): 1957–58, 1965–66, 1970–71, 1976–77, 1981–82, 1983–84, 1984–85
Torneos amigables Trofeo Luis Otero (2): 1959, 1986.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Unión Deportiva Ourense
Ligazóns externas Sitio web do equipo sucesor: Unión Deportiva Ourense
Categoría:CD Ourense Categoría:Fútbol de Galicia sen imaxes