Hakucho (cisne en xaponés) foi un observatorio espacial da ISAS lanzado o 21 de febreiro de 1979 mediante un foguete Mu-3C desde o Centro Espacial de Kagoshima. Previamente ao lanzamento o satélite era coñecido como CORSA-B.

Características Hakucho foi o sexto satélite xaponés en ser lanzado. Tiña forma de prisma octogonal cunha anchura de 80 cm e unha altura de 65. Pesaba 96 kg e estabilizábase mediante xiro a entre 5 e 8 r.p.m., co eixo apuntable mediante a modificación do torque magnético do satélite. Levaba a bordo once detectores de varios tipos para observar o ceo en raios X. Catro dos detectores tiñan un campo de visión perpendicular ao eixo de rotación e estudaban o ceo nunha ampla zona á busca de novas e fenómenos transitorios. Os outros sete detectores tiñan campos de visión ó longo do eixo e foron usados para estudar corpos celestes seleccionados. Os datos podían ser enviados a terra en tempo real ou almacenados a bordo nunha grabadora de cinta.

Os obxectivos de Hakucho eran:

Un estudo sistemático e observación de fenómenos en raios X esporádicos. Observación de fontes de raios X concretas cunha cobertura espectral de entre 0,1 e 100 keV. Estudo das pulsacións e variacións a curto prazo das fontes de raios X. Estudo do fondo de raios X no rango por debaixo do keV.

Antes de Hakucho lanzouse o CORSA-A, que non chegou a alcanzar órbita.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Satélites artificiais