Begoña Riobó, nada en Vigo en 1978, é unha violinista, arpista e compositora de folk galega.
Traxectoria Licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela é, a día de hoxe, unha das violinistas con máis proxección artística no relacionado coa música galega.
Adícase a achegar a música tradicional galega por medio do violín, así como é profesora na escola de música tradicional de Vigo E-trad, onde imparte clases de arpa céltica.
É cofundadora da orquestra SonDeSeu, coa cal editou numerosos discos dende o 2003. No ano 2011 publicou o seu primeiro disco co grupo Riobó, o cal recibe o mesmo nome e que a deu a coñecer como violinista solista.
Viaxou polo mundo levando o violín en galego a países como Francia, Italia, Irlanda ou Finlandia. Colaborou tamén na gravación de discos infantís.
Participa ademais no traballo pola integración social, coa axuda da música, dos refuxiados e é cofundadora do campamento de verán Galicia Fiddle Camp da asociación Galicia Fiddle, axudando a mozos e mozas a coñecer a música galega por medio do violín.
É cofundadora do grupo Irtio.
Discografía En solitario Riobó (2011) Quiral (2015)
Con Sondeseu
Mar de Vigo (2003) Trastempo (2007) Barlovento (2010) Danzas Brancas (2013) Beiralúa (2018)
Notas
Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes