O Premio de Novela Mulleres Progresistas de Vigo foi un certame literario organizado pola Asociación Mulleres Progresistas de Vigo e subvencionado pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo con Ana Gandón, María Xosé Porteiro e Maite Fernández de concelleiras. Tiña como obxectivo fomentar as inquedanzas literarias femininas en igualdade de oportunidades para promover a súa participación en diversas manifestacións culturais e sociais, animándoas a escribir en galego, potenciando así a creación literaria.

Características

O certame, aberto a todas as mulleres de calquera nacionalidade, estaba dotado cun único premio de 1500 euros.As novelas, de tema libre debían ser orixinais e inéditas, escritas en galego normativo, cunha extensión mínima de 150 páxinas

En 2006 decidiuse transformar o certame en Premio de Relatos Mulleres Progresistas para facilitar unha maior participación de escritoras. En 2013 converteuse no Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas.

Obras gañadoras I Edición (1997): O tempo pasado, de María G. Iáñez II Edición (1999): Irse de crápula, de Paula Mª Saavedra Fernández III Edición (2001): Tempos agradables, de Conchi Regueiro. Editado en 2002 por Edicións do Cumio IV Edición (2003): O caderno de bitácora, de María Reimóndez. Editado en 2004 por Edicións Positivas V Edición (2004): deserto VI Edición (2005): deserto

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Premio de Relatos Mulleres Progresistas Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas

Mulleres Progresistas Mulleres Progresistas Categoría:Cultura en Vigo