, nome de cortesía Xuanqing (璿卿) ou Jingxiong (競雄), nada o 8 de novembro de 1875 e finada o 15 de xullo de 1907, foi unha feminista e escritora chinesa, que participou nas revolucións contra a dinastía Qing. Empregou o alias A cabaleiro do lago do espello (Jianhu Nüxia 鑑湖女俠). Hoxe en día, na China é considerada unha heroína, unha mártir do republicanismo e o feminismo.

Traxectoria Nada en Xiamen (Provincia de Fujian), Qiu creceu na vila de Shānyīn (subprefectura de Shaoxing, Provincia de Zhejiang). Unha vez casada, Qiu entrou en contacto coas novas ideoloxías do momento. En 1903 decidiu viaxar e estudar no Xapón, deixando atrás os seus dous fillos. Fíxose famosa pola súa ideoloxía de esquerdas e por vestir roupa masculina occidental. Uniuse ás tríadas, que entón loitaban polo derrocamento da dinastía Qing e un goberno baseado na soberanía popular. Uniuse tamén ás asociacións Guangfuhui (Sociedade pola Restauración), lideradas por Cài Yuánpéi, e a Tongmenghui (Alianza Revolucionaria China) estabelecida en Tokyo, liderada por Sun Yat-sen. Volveu á China en 1905.

Foi unha oradora elocuente, destacando os seus discursos polos dereitos das mulleres, tales como a liberdade de casar, educación e a abolición do costume do vendado de pés. En 1906 fundou en Shanghai un xornal feminista radical con outra poetisa, Xu Zihua. En 1907 foi nomeada directora da escola Datong en Shaoxing, oficialmente unha escola para mestras de deportes, mais en realidade unha base de adestramento para revolucionarios.

En xullo de 1907, por mor dun alzamento fracasado encabezado polo seu primo Xu Xilin, Qiu foi arrestada na escola. Despois de ser torturada sen revelar ningún segredo, foi executada publicamente poucos días despois en Shānyīn, aos 31 anos. miniatura|315x315px|Estatua en Shaoxing. Qiu quedou inmortalizada na literatura e o imaxinario colectivo da República da China despois da súa morte. En 2018 estaba sepultada en Xī Hú (Lago do oeste) (Hangzhou). A República Popular da China estabeleceu un museo dedicado a ela en Shaoxing.

Obra literaria A pesar de ser recoñecida internacionalmente como feminista e revolucionaria, non se debe menosprezar a calidade da súa literatura, principalmente ensaios e poesía. Alcanzada a súa educación en literatura clásica chinesa, reflicte nos seus escritos a poesía máis tradicional ("shi" e "ci"). Qiu compuxo versos cun grande abano de metáforas e alusións, mesturando mitoloxía clásica con retórica revolucionaria.

Por exemplo, no poema cuxo título Ayscough traduce como "Seleccionando rimas con en Shih Ching desde a terra raíz do Sol":Os editores Sun Chang e Saussy (642) explican algunhas das metáforas:

4ª liña: "As túas illas" (no orixinal "sandao", "as tres illas") refírese a Honshu, Shikoku e Kyūshū, omitindo Hokkaido. É unha maneira antiga de denominar o Xapón. 6ª liña: os "camelos de bronce" son os gardiáns simbólicos na entrada do palacio imperial. A súa condición reflicte o estado de saúde da dinastía reinando, mais no simbolismo de Qiu, reflicten o estado de saúde da China.

Traducións

Varios autores (2022). Readings in Chinese Women’s Philosophical and Feminist Thought: From the Late 13th to Early 21st Century. Tradución directa ao inglés de Ann A. Pang-White. Bloomsbury Academic. Varios autores (2013). Poesía china: Siglo XI a. C.-Siglo XX. Tradución directa ao castelán de Chen Guojian. Cátedra.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ayscough, Florence. Chinese Women: yesterday & to-day. Boston: Houghton Mifflin Company. (1937) Sun Chang, Kang-i e Haun Saussy (eds.) Women writers of traditional China: an anthology of poetry and criticism. Charles Kwong, editor asociado; Anthony C. Yu e Yu-kung Kao, editores consultores. Stanford, Calif.: Stanford University Press. (1999)

Ligazóns externas

秋瑾 (La literatura china traducida en España) ligazón=|alt=|20x20px Wikimedia Commons alberga unha categoría multimedia sobre Qiu Jin. Museo Qiu Jin

Categoría:Escritores en lingua chinesa Categoría:Feministas da China Categoría:Poetas Categoría:Escritores da China Categoría:Literatura da dinastía Qing