A reserva da biosfera Vidzeme norte é a única reserva da biosfera de Letonia. Cobre unha área de 60 quilómetros sobre o Golfo de Riga e o interior da rexión de Vidzeme, veciña a Estonia.
Ecosistema Flora A turfeira alta de maior extensión dos Estados bálticos pódese atopar nesta reserva. Asemade, o seu litoral está poboado dunha continuación de prados costeiros. Os cantís ananos de Skanaiskalns e o río Salaca rematan nunha área de cantís vermellos, Pietrags."Reserva da biosfera Vidzeme norte"
Fauna Unha colonia de cegoñas brancas domina a área de Matisi con regularidade.
Sociedade e economía A reserva da biosfera Vidzeme norte é a única zona con protección especial no país, cubrindo 457,600 hectáreas de terreo e 16,750 hectáreas de mar. Esta condición foi aprobada o 15 de decembro de 1997, recoñecendo o seu valor e o cumprimento dos requisitos do contexto que aporta a UNESCO para este tipo de reservas con recoñecemento internacional. A reserva estende o seu valor socio-económico ao incluír non só áreas de relevancia natural senón tamén plantacións dendrolóxicas, elementos de valor xeolóxico e xeomórfico así como escenarios históricos letóns.
Lexislación A reserva da biosfera acolle no seu territorio espazos protexidos por outras medidas lexislativas e de acción, como é: As torres de observación ornitolóxicas nos prados costeiros da biosfera. A pesca tradicional no lago Burtnieki. Cova de área de Liv no río Svetupe, recoñecida por acoller ritos pagáns anteriores ao século XVII Reserva da biosfera Vidzeme norte Restaurantes de lamprea. O museo de Munchausen en Dunte. A zona antiga de Rujiena, exemplo de clasicismo despoxado. Salacgriva, o museo de Salacgriva, festival dos pescadores en Salacgriva e o festival Positivus. Limbazi e o seu museo da prata.
Galería
Notas
Categoría:Reservas da biosfera Categoría:Reservas da biosfera de Letonia