Arnaldo Otegi Mondragon, nado en Elgoibar o 6 de xullo de 1958, é un político vasco de ideoloxía marxista e independentista vasca. Foi voceiro de Batasuna e parlamentario vasco de Herri Batasuna e Euskal Herritarrok, as tres declaradas ilegais en España en 2003 por ser consideradas baixo tutela de Euskadi Ta Askatasuna.Sentencia de ilegalización de Batasuna, Herri Batasuna y Euskal Herritarrok , 27 de marzo de 2003. Foi tamén militante da desaparecida organización terrorista armada ETA político-militar.Gaizka Fernández Soldevilla, «Agur a las armas. EIA, Euskadiko Ezkerra y la disolución de ETA político-militar (1976-1985)», en Sancho el Sabio. Revista de cultura e investigación vasca, ISSN 1131-5350, núm. 33, 2010, pág. 92.

Foi condenado a seis anos e medio de cárcere por pertenza a organización terrorista no chamado «caso Bateragune».El Supremo rebaja a seis años y medio la condena a Otegi, Público, 9 de maio de 2012. No 2013, estando en prisión, foi elixido secretario xeral de Sortu. O 1 de marzo de 2016, foi posto en liberdade logo de cumprir a súa condena íntegra.

Biografía Arnaldo Otegi naceu na localidade guipuscoana de Elgoibar. É licenciado en Filosofía e Letras. Está casado con Julia Arregi Gorrotxategi, coa cal ten unha filla, Garazi, e un fillo, Hodei.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Entrevista co dirixente realizada por Carlos C. Varela e publicada na revista Luzes en febreiro de 2016.

Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Elgoibar Categoría:Políticos de Herri Batasuna