Macromia splendensMacromia splendens (Macromia splendens). Consellería de medioambiente. Xunta de Galicia. é unha especie de odonato anisóptero da familia Corduliidae endémica do sur de Francia e a Península Ibérica.

Descrición Trátase do maior cordúlido europeo, podendo alcanzar os 70 mm. O tórax é de cor verde metálico con manchas amarelas dorsais sobre fondo negro no abdome. Tende a pousarse colgando das pólas das árbores, en claros ou camiños forestais.

Distribución Trátase dunha reliquia que sobreviviu ás glaciaciones. Aínda que o xénero Macromia habita principalmente en áreas de clima tropical, das 112 especies recoñecidas só M. splendens se atopa no continente europeo.

A área de distribución desta especie limítase ó extremo sur e suroeste de Francia, centro e sur de Portugal; en España, aínda que se trata dunha especie rara e moi localizada, atópase en Galicia, Asturias, Estremadura, Cádiz e Málaga nunha altitude non superior ós 500-600 metros.

Hábitat Habita en ríos anchos e algo profundos, nos treitos lentos que permiten a deposición do sedimento e o crecemento da vexetación acuática, en tramos asollados e cuxas beiras están ocupadas por vexetación de ribeira.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Catálogo galego de especies ameazadas

Categoría:Animais descritos en 1843 Categoría:Invertebrados de Galicia Categoría:Invertebrados de Europa