Guillaume Daubenton, coñecido como o padre Daubenton, nado en Auxerre o 21 de outubro de 1648, e finado en Madrid o 7 de agosto de 1723, foi un sacerdote xesuíta francés.
Traxectoria Nacido o 21 de outubro de 1648 en Auxerre, á idade de 17 anos solicitou entrar nos xesuítas, vestindo a sotana de novizo o 16 de outubro de 1665 en Nancy.Nicolas Frizon (século XVIII): La Vie du R. P. Guillaume Daubenton de la Compagnie de Jésus, ancien confesseur de Sa Majesté Catholique, à présent régnante. Biblioteca municipal de Nancy, manuscrito 968 (421).
Os anos que o separan do sacerdocio estiveron marcados por estudos literarios, filosóficos e teolóxicos, así como polo ensino.Para seguir os detalles do currículo do padre Daubenton, véxase Louis Carrez (1903): Catalogi sociorum et officiorum provinciae Companiae Societatis Jesu ab anno 1616 ad annum 1773, Catalauni, t. VI, p. 66.
Foi ordenado sacerdote o 23 de setembro de 1679.Catherine Désos (2004): "L'itinéraire politique d'un jésuite à la cour d'Espagne: le cas du R. P. Guillaume Daubenton, confesseur de Philippe V d'Espagne", en academia.edu, VII Congreso Internacional, Francia-España, Paris-Sorbonne/Madrid-CSIC, p. 1.
Foi designado por Lois XIV confesor do rei de España Filipe V, sobre quen exerceu grande influencia, exercendo esta función, por primeira vez, de 1701 a 1705. Famoso polas súa inrigas, participou nas que provocaron a caída da princesa dos Ursinos (1704). Foi substituído polo padre Robinet,Guillaume Daubenton na Gran enciclopèdia catalana. traladándose a Roma, onde contribuíu, en 1713, á elaboración da bula Unigenitus, dirixida contra os xansenistas.
Ao morrer Robinet, volveu ao cargo de confesor de Filipe V en 1716, retirándose definitivamente o ano 1723, porque, segundo parece, comunicou a Filipe II de Orleáns, rexente de Francia durante a minoría de idade de Lois V, o propósito de Filipe V de España de abdicar no seu fillo Lois.
Obras Oraison funèbre de Louis de Bourbon, prince de Condé, prononcée à Dijon, dans l'église des pères de la Compagnie de Jésus, le 28 de février 1687. Dijon: Ressayre, 1687. Oraison funèbre de très haut, très puissant et très excellent prince Charles V, duc de Lorraine et de Bar, etc. Prononcée à Nancy dans l'église des pères cordeliers où il est inhumé, le 20 d'avril 1700. Nancy: Charlot, Deschamps (1700 ?) Oraison funèbre de Monseigneur Louis, dauphin, prononcée dans l'église patronale de Saint-Louis, le 18 de septembre 1711. Roma: Komarek, 1712. Lettre du R. P. d'Aubenton, jésuite, assistant du général, au R. P. Crozet, aussi jésuite et recteur à Avignon, où ce père développe le but que s'étaient proposé ses confrères, en sollicitant la bulle Unigenitus, et l'usage qu'ils prétendaient en faire, après l'avoir obtenue. Contra 1713. La Vie du bienheureux J.-F. Régis. París: Le Clerc, 171673 notices bibliographiques concernant Guillaume Daubenton, en catalogue.bnf.fr.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Bouillet, Marie-Nicolas & Chassang, Alexis, dir. (1878): "Daubenton (le P.)" no Dictionnaire universel d'histoire et de géographie, p. 501.
Categoría:Xesuítas de Francia Categoría:Nados en Auxerre Categoría:Nados en 1748 Categoría:Finados en 1723