Jan Ingemar Stenmark (|ˈɪŋː(ɛ)mar ²steːnmark|), nado en Joesjö o 18 de marzo de 1956, é un exesquiador sueco. Está considerado un dos máis destacados deportistas suecos da historia, e un dos maiores especialistas en slálom e slálom xigante de todos os tempos.
Traxectoria Stenmark naceu en Joesjö (Laponia), mais a súa familia mudouse a Tärnaby, preto de Noruega cando tiña catro anos. Foi veciño de Stig Strand (tamén nado en 1956), que empatou con Stenmark no título da Copa do Mundo de slálom de 1983. Stenmark comezou a esquiar aos cinco anos e gañou a súa primeira competición nacional aos oito.
Stenmark debutou na Copa do Mundo en decembro de 1973 con dezasete anos. Gañou máis carreiras internacionais que ningún outro esquiador alpino na historia: 86 vitorias (46 en slálom xigante e 40 en slálom). O seu competidor masculino máis próximo é Marcel Hirscher, con 67 vitorias. Stenmark gañou só nas dúas disciplinas técnicas e poucas veces competiu nas outras disciplinas, xa que non estaba cómodo coas velocidades que superan os 120 km/h. Ten tamén o récord de maior marxe de vitoria nunha carreira da Copa do Mundo: 4,06 segundos por diante do segundo clasificado Bojan Križaj en Jasna, o 4 de febreiro de 1979. Stenmark foi coñecido como o campión tranquilo, con curtas, mais educadas, respostas ás preguntas dos medios de comuniciación.
Polos seus tres títulos consecutivos da Copa do Mundo (1976–78), Stenmark gañou a medalla Holmenkollen en 1979 (compartida con Erik Håker e Raisa Smetanina). Stenmark tamén gañou a Medalla de Ouro Svenska Dagbladetl dúas veces (1975, 1978). A súa medalla de 1978 foi compartida co tenista Björn Borg, sendo os dous únicos homes que gañaron a medalla dúas veces (a esquiadora Anja Pärson recibiuna en 2006 e 2007).
No campionato do mundo de 1978 en Garmisch, Stenmark gañou o slálom por dous terzos de segundo e slálom xigante por máis de dous segundos, e defendou con éxito ambos os títulos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1980. Nos seguintes mundiais de 1982 en Austria, tivo unha primeira rolda por debaixo da media no slálom xigante, sendo superado polo estadounidense Steve Mahre e gañando só a prata. Stenmark recuperouse no slálom e converteuse no primeiro esquiador que gañaba o mesmo título en tres mundiais consecutivos. Con vinte e cinco anos, foi a súa derradeira medalla nunha gran competición.
A Stenmark non lle permitiu participar nos Xogos Olímpicos de Saraxevo a Federación Internacional de Esquí (FIS) por aceptar directamente pagos promocionais, en lugar de a través da federación nacional de esquí. Hanni Wenzel de Liechtenstein tamén foi vetado; ambos foran dobres campións olímpicos de 1980. Marc Girardelli, que fora o mellor no slálom na tempada 1983-84 tampouco puido participar, neste caso por non ter a cidadanía de Luxemburgo, país polo que competía. Stenmark puido volver ás competicións olímpicas en 1988, pero xa pasara o seu momento e non logrou medalla, aínda que si tivo a segunda carreira máis rápida na competición de slálom. Retirouse da competición da Copa do Mundo ao final da tempada 1989, en marzo, días antes do seu 33 aniversario.
Vida persoal Stenmark estivo casado con Ann Uvhagen, azafata de Lufthansa entre 1984 e 1987,. Teñen unha filla, nada en 1984.
En 2016 casou coa súa moza, Tarja Olli de Jakobstad, Finlandia, coa que ten unha filla, nada en 2008.
Durante os anos 1976the years from 1976-1978, converteuse nunha icona nacional de Suecia xunto co tenista Björn Borg. O status non cambiou cando se mudou a Mónaco en 1980 por razóns de impostos. Aos corenta anos, gañou o campionato sueco Superstars championship de 1996. O 26 de decembro de 2004, Stenmark sobreviviu ao terremoto do océano Índico mentres estaba de vacacións en Tailandia. En 2015 participou no concurso para famosos Let's Dance 2015, en que formou equipo coa bailarina profesional Cecilia Ehrling.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ingemar Stenmark World Cup standings at the International Ski Federation
Categoría:Nados no condado de Västerbotten Categoría:Nados en 1956 Categoría:Esquiadores alpinos olímpicos de Suecia Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Suecia Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Suecia Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1976 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1980 Categoría:Medallistas olímpicos en esquí alpino Categoría:Esquiadores alpinos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1976 Categoría:Esquiadores alpinos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1980 Categoría:Esquiadores alpinos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1988