Todus multicolor é unha especie de ave coraciforme da familia Todidae endémica de Cuba.Barrancolí Cubano (Todus multicolor) Gould, 1837 É unha das especies máis preciosas da avifauna cubana. Non se coñecen subespecies.Clements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology
Distribución É unha ave común en toda Cuba, que vive en bosques con barrancos.
Niño Nidifican entre abril e xullo. Cavan os seus niños en barrancos terrosos, a pouca altura das súas bases, con profundidades duns 25 cm. Tamén poden escavalos en toros podrecidos ou en cavidades naturais na pedra. En zonas costeiras areosas tamén poden escavar o seu niño na entrada de covas de cangrexos. Pon 3 ou 4 ovos de cor branca, de 15,5 mm de longo e 13,5 mm de ancho. Cando saen ou entran do niño fano de xeito súbito.
Notas
Categoría:Aves de Cuba Categoría:Fauna endémica de Cuba Categoría:Animais descritos en 1837