Daniele Ganser, nado o 29 de agosto de 1972 en Lugano, é un historiador suízo, coñecido pola súa obra Nato's Secret Armies: Operation Gladio and Terrorism in Western Europe (2005), adaptación da súa tese de doutoramento, Operation Gladio in Western Europe and the United States (2001).
Traxectoria Fillo do pastor Gottfried Ganser (1922–2014) e da enfermeira Jeannette GanserRico Bandle: Daniele Ganser: Missionar des Misstrauens. Die Weltwoche 21, 24 de maio de 2017, pp. 30–32. Estudou en Basilea nunha escola Waldorf e logo nun instituto local logrando o certificado de estudos en 1992 para despois relizar o servizo militar obrigatorioLeonie Scheidegger: Daniele Ganser. Ein ehemaliger Schüler im Portrait und Interview. In: Jahrbuch Gymnasium Leonhard 2009/2010. p. 52 f.. Estudou nas universidades de Basilea e Ámsterdam historia, filosofía e inglés. Despois de licenciarse en 1998 pola Universidade de Basilea realizou traballo de investigación alí e na London School of Economics and Political Science. En 2001 obtivo o doutoramento coa tese Operation Gladio in Western Europe and the United States que logrou a máxima cualificaciónOlav Riste: «Stay Behind»: A Clandestine Cold War Phenomenon. Journal of Cold War Studies 16: 4 (2014), p. 37., insigni cum laude segundo o uso suízo. En 2005 realizou unha adaptación do seu libro que publicou como NATO's Secret Armies: Operation Gladio and Terrorism in Western Europe. Nestas obras, apoiadas nos informes parlamentarios belga e italiano sobre Gladio, detalla como os Estados Unidos, co apoio do Reino Unido, organizaron unha posguerra en diversos países da Europa do Oeste, e ata a década de 1980, células clandestinas destinadas a organizar a resistencia en caso de invasión soviética. Ganser establece a hipótese que esta rede puido ser a orixe de certos atentados atribuídos a organizacións de extrema esquerdaAndreas Anton, Michael Schetsche, Michael K. Walter (2014) Konspiration p. 175, Springer, nunha tentativa política para desacreditar entre os cidadáns os partidos de esquerda, e mesmo esta estratexia da tensión alongaríase ata o momento actual co terrorismo islamista, presentado como unha ameaza para xustificar as guerras polo petróleo« Le terrorisme non revendiqué de l’OTAN », Réseau Voltaire.
Entre 2001 e 2003 foi responsable de relacións internacionais do laboratorio de ideas Avenir Suisse de Zürich e dirixiu a campaña da organización na iniciativa popular para a integración de Suíza na ONU . En 2003 exerceu como membro do consello asesor do Departamento Federal de Asuntos Exteriores para a promoción da paz e dos dereitos humanos. Entre 2003 e 2006 traballou como investigador no Center for Security Studies da Universidade Federal Politécnica de Zürich. En 2006 estivo entre os fundadores da sección suíza da Association for the Study of Peak Oil and Gas (ASPO) e foi membro da súa dirección ata 2012.
En 2006 escribiu un capítulo da obra colectiva dirixida por David Ray Griffin que pon en dúbida as conclusións da comisión oficial dos atentados do 11 de setembro de 2001David Ray Griffin (dir), 9/11 American Empire : Intellectual speaks out, Olive Branch Press, 2006. Ganser considera que a historia oficial sobre o 11 de setembro e mais as conclusións da comisión non son cribles.
Entre 2007 e 2010 traballou no departamento de historia da Universidade de Basilea e entre 2012 e 2017 foi profesor nun instituto dependente da Universidade de Sankt Gallen.
Obra Reckless Gamble: The Sabotage of the United Nations in the Cuban Conflict and the Missile Crisis of 1962. University Press of the South, New Orleans 2000, ISBN 1-889431-72-9. con Uwe Wagschal e Hans Rentsch: Der Alleingang: Die Schweiz 10 Jahre nach dem EWR-Nein. Orell Füssli, Zürich 2002, ISBN 3-280-05041-3. Brauchen wir eine Ökonomie des Friedens? Eine Schweizer Perspektive auf die Verbindung der Wirtschaft mit Gewaltkonflikten. In: Die Friedens-Warte 79 (2004), pp. 57–74. NATO's secret armies. Operation Gladio and terrorism in Western Europe. Routledge, 2005, ISBN 0-7146-5607-0. The “Strategy of Tension” in the Cold War Period. In: David Ray Griffin, Peter Dale Scott (ed.): 9/11 and American Empire. Intellectuals Speak Out. Volume 1, Interlink Publishing Group, 2006, ISBN 1-56656-659-2, S. 79–99. The CIA in Western Europe and the Abuse of Human Rights. In: R. Gerald Hughes, Len Scott (Eds.): Intelligence, Crises and Security: Prospects and Retrospects. Routledge, 2007, ISBN 0-415-46430-7.. Die dunkle Seite des Westens: Verdeckte Terroraktivitäten der NATO. Kai Homilius, Berlin 2009, ISBN 978-3-89706-206-1 (Vídeo-DVD, 60 Minutos). Beyond Democratic Checks and Balances: The «Propaganda Due» Masonic Lodge and the CIA in Italy's First Republic. In: Eric Wilson (Hrsg.): Government of the Shadows: Parapolitics and Criminal Sovereignty. Pluto Press, 2009, ISBN 0-7453-2623-4, pp. 256–276. Peak Oil: Erdöl im Spannungsfeld von Krieg und Frieden. In: Phillip Rudolf von Rohr, Peter Walde, Bertram Battlog (ed.): Energie. vdf Hochschulverlag an der ETH Zürich, Zürich 2009, ISBN 978-3-7281-3219-2. NATO’s Secret Armies in Europe. In: Cihan Aksan, Jon Bailes (ed.): Weapon of the Strong. Conversations on US State Terrorism. Pluto Press, London 2012, ISBN 0-7453-3241-2, pp. 219–233. “America is Addicted to Oil”: U.S. Secret Warfare and Dwindling Oil Reserves in the Context of Peak Oil and 9/11. In: Eric Wilson (Hrsg.): The Dual State: Parapolitics, Carl Schmitt and the National Security Complex. Ashgate, 2012, ISBN 978-1-4094-3107-7 (Capítulo 4). Europa im Erdölrausch: Die Folgen einer gefährlichen Abhängigkeit. Orell Füssli, Zürich 2012, ISBN 978-3-280-05474-1. Illegale Kriege: Wie die NATO-Länder die UNO sabotieren. Eine Chronik von Kuba bis Syrien. 2. Auflage, Orell Füssli, Zürich 2016, ISBN 978-3-280-05631-8. Kriegsverbrecher auf freiem Fuß. In: Ullrich Mies, Jens Wernicke: Fassadendemokratie und Tiefer Staat – Auf dem Weg in ein autoritäres Zeitalter. Promedia Verlag, Wien 2017, ISBN 978-3-85371-425-6. Vorsicht, Verschwörungstheorie! Ein Interview mit Daniele Ganser. In: Jens Wernicke et al.: Lügen die Medien? Propaganda, Rudeljournalismus und der Kampf um die öffentliche Meinung. Westend, Frankfurt am Main 2017, ISBN 978-3-86489-188-5, S. 249–255.
Notas
Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados no cantón de Tesino Categoría:Historiadores de Suíza Categoría:Alumnos da Universidade de Basilea