Robert Laurel Crippen, nado en Beaumont (Texas) o 11 de setembro de 1937, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-1, STS-7, STS-41-C e STS-41-G. Pasou un total de 23,57 días no espazo.

Traxectoria Crippen é graduado en enxeñería aeroespacial pola Universidade de Texas en 1960.

Converteuse en astronauta da NASA en setembro de 1969. Foi membro do soporte dos astronautas das misións Skylab 2, 3, 4 e durante a misión ASTP. Foi piloto da misión STS-1, a primeira misión do transbordador espacial, así como comandante das misións STS-7, STS-41-C e STS-41-G. Pasou un total de 23,57 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-1 STS-7 STS-41-C STS-41-G

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1937 Categoría:Nados en Beaumont, Texas