miniatura|Gastronomía de Arquestrato Arquéstrato (en grego, Ἀρχέστρατος, Arkhéstratos) foi un antigo poeta grego de Xela e Siracusa, en Sicilia, que escribiu a mediados do século -IV. Traxectoria O seu poema humorístico didáctico Hedypatheia ("o bo comer"), escrito en versos hexámetros, aconsella ao lector gastronómico sobre onde atopar a mellor comida no mundo mediterráneo. O escritor, que deseñou o texto sobre a base dos antigos textos de Hesíodo ou Teognis sobre comellóns, parodia o estilo de antigos poetas gnómicos. O escrito centra a maior parte da súa atención nos peixes, a pesar de que algúns dos fragmentos iniciais se refiren aos aperitivos, e tamén hai unha sección sobre o viño. O poema gozaba de certa notoriedade entre os lectores dos séculos -IV e -III: foi mencionado polo poeta cómico Antífanes, por Linceo de Samos e polos filósofos Aristóteles, Crisipo de Soli e Clearco de Soli. En case todos os casos, estas referencias eran despectivas, o que implica que o poema de Arquéstrato, do mesmo xeito que o manual de sexo de Filénide, era posíbel que corrompesen aos seus lectores. Esta actitude exemplifícase nos Deipnosofistas de Ateneo con citas de Crisipo:Existen 62 fragmentos do poema de Arquéstrato que chegaron até os nosos días, todos eles por ser citados por Ateneo na súa obra Deipnosofistas. O poema foi traducido ou imitado en latín por Ennio.

Véxase tamén Bibliografía Andrew Dalby, "Archestratos: where and when?" in Food in antiquity ed. John Wilkins and others (Exeter: Exeter University Press, 1995) pp. 400–412. Kathryn Koromilas, "Feasting with Archestratus" in Odyssey (November/December 2007) S. Douglas Olson and Alexander Sens, Archestratos of Gela: Greek Culture and Cuisine in the Fourth Century BCE. Oxford: Oxford University Press, 2000. [Text, translation, commentary.] Carmen Soares, Arquéstrato: Iguarias do mundo greco. Guia gastronómico do Mediterrâneo antigo. Coimbra: Imprensa dá Universidade de Coimbra, 2016. ISBN 978-989-26-1244-7 [Estudo, tradución portuguesa.] John Wilkins, Shaun Hill, Archestratus: The life of luxury. Totnes: Prospect Books, 1994. [Introduction, translation, commentary.] Texto online con introdución Ligazóns externas Arquéstrato de Xela.

Categoría:Escritores en lingua grega antiga Categoría:Nados na provincia de Caltanisseta Categoría:Nados no século -IV Categoría:Finados en -330 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Poetas en lingua grega