Thomas Johannes Gottschalk, nado en Bamberg o 16 de maio de 1950, é un actor e presentador de radio e televisión alemán.
Traxectoria Fillo do avogado Hans Gottschalk e de Rutila, orixinarios de Alta Silesia que tras a expulsións dos alemáns de Polonia tras da segunda guerra mundial asentáronse na localidade de Kulmbach, na Alta Franconia. En 1971 rematou os estudos secundarios no instituto de Kulmbach e lobrou unha bolsa de estudos de Cusanuswerk para cursar xermanística e historia na escola de maxisterio da Universidade de Múnic e alí foi membro da fraternidade de estudantes católicos Tuiskonia, parte da Cartellverband "Die Gottschalk-Geheimnisse von A bis Z" Welt, 17 de maio de 2010.
Radio e primeiros anos na televisión En 1971 comezou a colaborar en programas xuvenís da emisora Bayern 3 que acababa de poñer en funcionamento a Bayerischer Rundfunk (BR). En 1973 converteuse en presentador das noticias da BR (Abendschau-Nachrichten) e logo de traballar durante algún tempo no xornal Münchner Merkur logrou en 1976 un posto permanente na BR, pasou así a presentar o programa musical televisivo Szene en Das Erste producido por BR (1976-79 e 1980-81), e dende xuño de 1977 Pop nach acht na emisora radiofónica Bayern 3. A partir de novembro presentou na televisión Telespiele, un concurso baseado en videoxogos, que se emitiu na Südwestfunk e logo, brevemente, en Das Erste ata 1981. En 1980 foi tamén un dos compoñentes do grupo de hip hop GLS United que realizou a primeira canción de rap alemá"Thomas Gottschalk war der erste deutsche Rapper—Auch wenn es weh tut" Vice, 16 de agosto de 2016. Durante o ano 1982"Prosit, Thomas Gottschalk!" . Wunschliste, 14 de setembro de 2007 foi presentador, como Mister Morning, na emisora alemá de Radio Luxembourg da súa programación da mañá ao tempo que na ZDF presentaba o programa de entrevistas e música Na sowas! dende marzo de 1982 e ata 1987 e tamén dende novembro de 1982 o Thommys Pop Show na ZDF, dedicado á música actual e que deixou en 1984. En 1983 volveu á BR para dirixir e presentar B3-Radioshow no que se mantivo ata 1989 e nese ano foi o comentarista para a ARD do Festival de Eurovisión que se celebrou en Lausana. Dende 1991 foi director da programación da emisora privada Radio Xanadu de Múnic.
Cinema miniatura|Mike Krüger cantando "Nippel-Lied" en 1983 A partir de 1982 actuou diversas comedias facendo parella co humorista Mike Krüger con grande éxito comercial: Piratensender Powerplay, Die Supernasen, Zwei Nasen tanken SuperLiteralmente: "dous narices énchense de súper", unha chiscadela os grandes nefres dos protagonistas e Die Einsteiger. Tamén protagonizou en solitario Mama Mia – Nur keine Panik, Zärtliche Chaoten, Zärtliche Chaoten II, Eine Frau namens Harry e Trabbi goes to Hollywood. Ademais participou en Sister Act 2: Back in the Habit (1993), o filme de Helmut Dietl Late Show (1999), e na comedia de Til Schweiger 1½ Ritter – Auf der Suche nach der hinreißenden Herzelinde (2008) e na norteamericana Zookeeper (2011).
Traballou tamén como actor de dobraxe, foi a voz de Bruce Willis en Look Who's Talking (1989) e Look Who's Talking 2 (1990)"Thomas Gottschalk" in Deutsche Synchronkartei. No ano 2004 púxolle a voz a Garfield en Garfield – The Movie.
Wetten, dass..? O 26 de setembro de 1987 Gottschalk substituíu a Frank Elstner á fronte de Wetten, dass..? e, bardante unha breve pausa entre o 26 de setembro de 1992 e o 27 de novembro de 1993 con Wolfgang Lippert como o seu condutor, moderou o programa ata o 3 de decembro de 2011.
Gottschalk contribuíu significativamente ao éxito do show, un dos recoñecidos dos países de fala alemá, que se emitía nas noites dos sábados e que Gottschalk marcou co seu estilo distendido e a súa indumentaria ousada. Dende outubro de 2009 Michelle Hunziker acompañouno nos labores de presentación.
Durante décadas por Wetten, dass..? converteuse nunha das personalidades mellor pagadas da televisión alemá, con ata 100.000 euros por programa.
Na emisión 192 do 4 de decembro de 2010 o deportista Samuel Koch sufriu un accidente mentres intentaba saltar sobre un coche en marcha e o show cancelouse. Na seguinte emisión, o 12 de febreiro de 2011, Gottschalk anunciou a súa retirada no remate da tempada. O 30 de abril de 2011 presentou o último programa regular, 18 de xuño un grande especial de verán dende Mallorca. e no outono outros tres especiaisMit der Sommer-Sendung ist Schluss, orf.at, 12. de febreiro 2011.. O último foi o 3 de decembro de 2011 en Friedrichshafen. En total Thomas Gottschalk presentou 151 emisións. O seu sucesor dende outubro de 2012 ata 2014 foi Markus Lanz.
Actividade na televisión privada
Dende 1990 traballou na canle privada RTLvgl. Lutz Hinrichs: Wetten, es geht weiter?, in: HORIZONT, 21 de agosto de 2008, p. 128., e alí presentou ata 1992 un programa de variedades chamado simplemente Gottschalk. Dende 1992 ata 1996 e de novo en 1999 ata 2000 presentou Disney Filmparade, onde se emitían os clásicos e novas producións de Disney.
Entre o 28 de setembro de 1992 ata o 27 de abril de 1995 presentou o seu propio programa de entrevistas nocturno, Gottschalk Late Night,Rupert Sommer: Tele 5: „Wir sind arte für den kleinen Mann“, in: kressreport, 23 de xaneiro de 2009, p. 24. que seguía o modelo que realizaban nos Estados Unidos Johnny Carson, David Letterman ou Arsenio Hall.Harald Keller: Die Geschichte der Talkshow in Deutschland. Frankfurt: Fischer, 2009, p. 307..
Logo pasou á canle SAT.1Peer Schader: 25 Jahre Privat-TV – Einer wird gewinnen, in: HORIZONT, 5 de febreiro de 2009 p.40. onde entre 1995 e 1997 realizou Gottschalks Hausparty que se converteu nun dos programas de máis éxito da emisora, con 6.500.000 espectadores na derradeira emisión. Entre 1996 e 1999 presentou Gottschalk kommt que se emitía nas tardes do sábado.
ZDF Tras deixar Sat.1 traballou só para a ZDF, canle que transmitía Wetten, dass..?, e para a que relizou tamén diversos outros programas de carácter especial ou irregular. Así de 2001 ata 2011 presentou a gala solidaria anual Ein Herz für Kinder, para recollida de fondos para a organización do mesmo nome, que chegou aos 17.859.462 de eurosAxel Springer AG: Pressemitteilung zum Spendenergebnis . Abgerufen im Januar 2010. ma emisión do 17 de xaneiro de 2010 para o terremoto de Haití.
No verán de 2005 presentou Gottschalk & Friends, no que convidaba a xente recoñecida e amigos para revisar a súa vida. En agosto dese ano e mais do de 2006 presentou Die Cleversten – Der große Drei-Länder-Check, unha competición por equipos dos tres países de lingua alemá: Alemaña, Austria e Suíza. Entre 2002 e 2004 emitíronse dez episodios de Gottschalk America.
ARD miniatura|Gottschalk presentando o seu libro na Feira do Libro de Frankfurt de 2015 En xaneiro de 2012 comezou a traballar na ARD co programa Gottschalk Live que se emitía polas tardes catro veces á semana e cunha duración de media hora, trataba temas de actualidade e con entrevistas a personalidades da sociedade, entretemento e cultura. Emitíase antes do telexornal do serán, primeiro en directo dende Berlín e gravado en estudio a partir de abril. O programa cancelouse o 6 de xuño de 2012 por mor da súa baixa audienciaARD-Show: „Gottschalk Live“ wird eingestellt .Sttugarter Zeitung, 18 de abril de 2012..
Volta á RTL Do 15 de setembro de 2012 ata o 16 de decenbro 2012 estivo de xurado con Dieter Bohlen e Michelle Hunziker en Das Supertalentder da RTL, a versón alemá de Go Talent. En maio de 2013 presentouse en RTL Die 2 – Gottschalk & Jauch gegen alle no que Gottschalk e mais o tamén presentador Günther Jauch competían contra varios candidatos no estudo, co público e cos espectadores, presentábao Barbara Schöneberger e tivo 18 emisións ata 2017.
O 3 e 4 de xaneiro de 2014 presentou o especial 30 Jahre RTL – Die große Jubiläumsshow mit Thomas Gottschalk. En febreiro comezou Back to School – Gottschalks großes Klassentreffen concurso con antigos compañeiros de clase e mais profesores de convidados famosos.
En abril de 2015 publicou o primeiro tomo da súa autobiografía, Herbstblond: Die Autobiographie.
Notas
Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados en Baviera Categoría:Alumnos da Universidade de Múnic Categoría:Personalidades da radio Categoría:Presentadores de televisión de Alemaña Categoría:Actores de Alemaña Categoría:Actores de dobraxe