Eleutherodactylus iberia é unha pequena especie da familia Eleutherodactylidae, endémica do leste de Cuba. É a especie vivente de ra máis pequena do hemisferio norte, con 10 mm de lonxitude. É a terceira especie de ra máis cativa (e de tetrápodos) do mundo, despois da Paedophryne amauensis e a Brachycephalus didactylus. Foi descuberta por vez primeira en 1993 no monte Iberia (Provincia de Holguín), do cal recibe o seu nome, e só habita en dúas pequenas rexións de Cuba.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía AmphibiaWeb: Eleutherodactylus iberia

Categoría:Anfibios de Cuba Categoría:Fauna endémica de Cuba Categoría:Animais descritos en 1996