miniatura|Reverso do documento. Celeiro ou o diploma do rei Silo é o documento en pergamiño considerado como o máis antigo que se conserva na Península Ibérica, malia algún estudo chegar á conclusión de que é unha copia do IX ou X. Fai referencia a unha doazón que o rei Silo lles fai a cinco frades para construíren unha igrexaBieito Ledo (editor), Diccionario Enciclopédico Galego Universal, tomo 14, Ir Indo, 2003, páx. 102. O documento está confirmado polos reis Afonso II, Ramiro I, Ordoño I e Afonso III.
Pergamiño O pergamiño orixinal está en lingua latina e pertence á Colección documental do Arquivo Eclesiástico da catedral de León. As características deste pergamiño son as que seguen:
495×110/140 mm, cursiva visigótica, cortado de forma irregular e coa falta dun fragmento na parte inferior que lle afecta á primeira columna de confirmantes. O seu estado de conservación é bo, en xeral, aínda que o texto está desgastado e borroso nalgunha liña. No dorso do pergamiño hai un texto posterior do século XVIII cunha breve descrición do pergamiño, cunha sinatura e incluíndo Atado 9º.
Descrición Este documento é unha doazón que o rei Silo fai o 23 de agosto de 775 a cinco frades para construíren unha igrexa entre os ríos Iube (actual río Eo) e Masma, e máis concretamente entre o río Alesancia (actual río Grande, en Ribadeo) e o Mera, no lugar chamado Lucis, actualmente Celeiro de Mariñaos, no concello de Barreiros.
Notas
Véxase tamén Bibliografía García Leal, Alfonso: El diploma del rey Silo. Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa 2008 ISBN 978-84-95892-36-2
Outros artigos Silo de Asturias
Ligazóns externas Unha tradución do texto a 4 idiomas, imaxes do pergamiño e bibliografía Interpretación do texto traducido ao castelán, en pdf
Categoría:Documentos Categoría:Lingua latina Categoría:Historia medieval de Galicia