Higinio Rodríguez Mármol, nado na Torre (Porqueira) en 1886 e finado en Xinzo de Limia en 1976, foi un político galego. Traxectoria Emigrou a Cuba, e iniciouse en 1917 como masón na loxa Obreros de Morón de Camagüey, alcanzando o grao terceiro. Regresou a Galicia en 1921 con 36 anos. Instalouse en Ganade (Xinzo de Limia) e casou coa mestra Ramona Iglesias Nóvoa, coa que tivo nove fillos. Foi levador de libros da Casa Eire de Ourense, e despois converteuse en industrial muiñeiro. Durante a ditadura de Primo de Rivera foi alcalde de Porqueira de 1925 a 1927 e na Segunda República foi concelleiro e alcalde interino de Xinzo de Limia. En 1934 ingresou na loxa Constancia nº 13 de Ourense con simbólico de “Martí” e pertenceu á xunta protectora da Escola Laica Neutral de Ourense. Volveu ser concelleiro de Xinzo de maio a xullo de 1936 por Izquierda Republicana e foi elixido alcalde.

Cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 non fixo oposición. Foi cesado o 5 de agosto e detido o 21 de novembro acusado de masón. Foi recluído na Prisión Provincial de Ourense e despois na de Celanova até mediados de xaneiro de 1937. Volveu ser detido o 16 de maio dese ano,La Región, 20-5-1937, p. 5. permanecendo en prisión até o 27 de decembro de 1939, cando saíu en liberdade provisional, para ingresar novamente o 9 de febreiro de 1940, continuando detido até o 11 de abril. Fóronlle incautados os bens e polo Juzgado Especial de Incautaciones o Confiscaciones de Ourense instruíuse causa por responsabilidade, impoñéndolle 3.000 pesetas de multa. Xulgado en 1944, foi condenado a 12 anos e un día de reclusión menor. Encarcerado na Prisión Provincial de Madrid presentou recurso ante o Consello de Ministros, e o 31 de maio de 1946 conmutáronlle a pena inicial pola de 6 anos e un día de confinamento. En xuño de 1945 puido saír en prisión atenuada no seu domicilio e permaneceu nesa situación até xullo de 1950.

Vida persoal

Casou coa mestra Ramona Iglesias Nóvoa, que finou o 5 de agosto de 1968, e foi pai de Carmen, Aurora, Concha, Adelaida, Ramón, Balisila, Antonio, Manuel e José Rodríguez Iglesias.La Región, 6-8-1968, p. 3. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Don Higinio y doña Ramona Expediente persoal de Higinio Rodríguez Mármol

Categoría:Masóns de Galicia Categoría:Alcaldes de Porqueira Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Xinzo de Limia Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Porqueira

Categoría:Nados en 1886

Categoría:Finados en 1976 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes