Adrián Estévez Iglesias, tamén coñecido como Estevo ou Adriansito, nado en Pontevedra o 26 de outubro de 1983, é un filólogo, escritor e wikimedista galego.

Traxectoria

Cursou o bacharelato no IES Sánchez Cantón de Pontevedra. Estudou un ciclo superior de artes gráficas no IES Montecelo, a diplomatura de Maxisterio de educación primaria na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra e o grao en Lingua e literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou entre 2016 e 2018 en Pontevedra Viva facendo crítica literaria semanal na sección "Lecturas desde O Alcouce". Colaborou na revista dixital Cicloxénese expresiva. É autor de relatos, tradutor e corrector de orixinais en varias editoras. Desde 2022 traballa no equipo de revisión da RAG. Tamén é membro do padroado da Fundación Otero Pedrayo e autor de máis de vinte biografías no Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega. miniatura|Estévez (verde) nun encontro de fútbol gaélico en 2015. Xoga ao fútbol gaélico no equipo da Coruña Fillos de Breogán. Colabora co Liceo Mutante de Pontevedra, e é cantante (co nome de Estevo) no dúo pontevedrés Columna Vegana, formado con Corbi (guitarras e sintetizadores).

Edita habitualmente na Galipedia desde 2007. Participou como concursante nos programas da Televisión de Galicia Coma un allo e Gaña a túa aldea.

Obra

Ensaio

miniatura|Asinando Manuel de Castro, Handicap. Crónica dunha paixón na Festa dos Libros de Pontevedra en 2023.Manuel de Castro, Handicap. Crónica dunha paixón (2023). Vigo: Galaxia, O noso deporte. 148 páxs. ISBN 978-84-1176-006-5. Nos 100 anos do RC Celta.

Tradución

A irmandade da uva (The Brotherhood of the Grape), de John Fante (2013). Hugin e Munin.

Edición

Polos camiños das horas: Epistolario de Ricardo Carballo Calero e Ramón Otero Pedrayo (2020). Henrique Monteagudo, coordinador. Patricia Arias Chachero, Nélida Cosme Abollo, Adrián Estévez Iglesias, editores. RAG. 319 páxs. ISBN 978-84-17807-04-7.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Cantando con Columna Vegana no Liceo Mutante Reportaxe sobre Handicap en Nós Televisión (2023)

Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1983 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Wikimedistas Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo