Goura scheepmakeri, coñecida na bibliografía internacional como pomba coroada de Scheepmaker, é unha especie de ave pertencente á subclase das neornites, infraclase dos neognatos, superorde das neoaves, granorde dos columbimorfos, orde das columbiformes, subfamilia dos gurinos, unha das catro integradas no xénero Goura.Family Columbidae na IOC World Bird List. Versión 9.1, 2019, do Congreso Ornitolóxico Internacional.

É unha gran pomba terrestre confinada nos bosques das terras baixas do sur e o sueste de Nova Guinea.

Características A principais características de Goura scheepmakeri son:David Gibbs, Eustace Barnes & John Cox (2001): A Guide to the Pigeons and Doves of the World. New Haven, Connecticut, USA: Yale University Press. ISBN 0-3000-7886-2.

A súa plumaxe xeal é de cor gris azulado, coa peituga dunha tonalidade granate profunda. Na cabeza exhibe unha elaborada crista de encaixe azul, e o iris do ollo é vermello. As patas, longas, son de cor avermellada. Ambos os sexos teñen unha aparencia similar. Miden uns 70 cm de longo, e pesan uns 2,25 g.

Hábitat, distribución e ecoloxía A pomba coroada de Scheepmaker habita nos bosques primarios secos e inundados, a miúdo aluvais, nas terras baixas do sur de Papúa-Nova Guinea, até os 500 m de altitude,Coates, B. J. (1985): The birds of Papua New Guinea, 1: non-passerines. Alderley, Queensland, Australia: Dove Publications.Beehler B. M.; Pratt, T. K. & Zimmerman, D. A. (2014): Birds of New Guinea, Second Edition. Princeton, Nova Jersey, USA: Princeton University Press. ISBN 978-0-6910-9563-9. ao leste do río Purari, até a baía de Orangerie.Beehler, Bruce M. & Pratt, Thane K. (2016): Birds of New Guinea. Distribution, Taxonomy, and Systematics. Princeton, Nova Jersey, USA: Princeton University Press. ISBN 978-0-6911-6424-3. O límite oeste da súa área de distribución é pouco coñecido, entre os ríos Hegeigio e Purari. Parece que foi eliminada en gran parte do leste da súa área de distribución na chaira costeira máis desenvolvida e máis estreita da provincia Central.del Hoyo, et al. (eds.) (1997): Handbook of the Birds of the World, vol.4. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-422-9. Pero parece que aínda é bastante común na conca do río Lakekamu, onde foi cazada regularmente, e segue sendo relativamente común e xeneralizada na parte inferior da conca do Purari.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1876 polo zoólogo alemán Otto Finsch,Goura scheepmakeri Finsch, 1876 no ITIS. que recibiu un espécime vivo do distribuidor C. Scheepmaker do Natura Artis Magistra ("Natureza mestra das artes"), ou "Artis Royal Zoo", un zoo situado no centro de Ámsterdam, que foi o primeiro zoolóxico dos Países Baixos (fundado en 1838).

Variacións taxonomicas Goura scheepmakeri foi en principio considerada como conespecífica con Goura sclaterii.

Porén, un estudo filoxenético molecular publicado en 2018 encontrou que a pomba coroada de Scheepmaker estaba máis estreitamente relacionada con Goura victoria.

Neste estudo descubriuse que as catro especies do xénero formaban dous pares: Goura cristata é irmá de Goura sclaterii, mentres que Goura scheepmakeri é irmá de Goura victoria. No cladograma seguinte móstranse as relacións destas especies e outras relacionadas con elas:

miniatura|150px|Goura sclaterii.

Etimoloxía Para a do xénero, véxase Goura.

O epíteto específico, scheepmakeri, foi unha homenaxe que Finsch lle fixo a C. Scheepmaker.

Subespecies En Goura scheepmakeri moitos autores recoñcen dúas subespecies:Clements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology Goura scheepmakeri na ADW. Goura scheepmakeri scheepmakeri Finsch, 1876 - Do suroeste de Nova Guinea, coas ás de cor apardazada e o ventre gris azulado. Goura scheepmakeri sclaterii Salvadori, 1876 - Do sueste de Nova Guinea coas ás gris azuladas e ventre cunha coloración desteñida.

Porén, na actualidade, segundo o Congreso Ornitolóxico Internacional (autoridade de referencia para a clasificación das aves), considérase a Goura sclateri como especie separada.

Ameazas Os bosques das terras baixas, particularmente no terreos chans favorábeis pare esta especie, están ameazados pola corta e o desenvolvemento de plantacións de palmeira aceiteira. As estradas para o transporte de troncos e as construídas para as infraestruturas do petróleo e o gas natural permiten o acceso aos cazadores,King, C. E. & Nijboer, J. (1994): "Conservation considerations for crowned pigeons, genus Goura". Oryx 28: 22-30. pero a densidade de poboación humana é moi baixa en gran parte de zona occidental da súa área de distribución.

Goura scheepmakeri cázase para aproveitar a súa carne e, en menor medida, para as súas plumas.. Cazouse até a súa extinción en gran parte da súa área de distribución no sueste, rexión amplamente poboada polo home.Schodde, R. (1978): "The status of endangered Papuasian birds, and Appendix". en: Tyler, M. J. (ed.), The status of endangered Australasian wildlife, pp. 133-145 e 185-206, respectivamente. Royal Zoological Society of South Australia, Adelaide. Porén, a especie é bastante difícil de cazar sen unha escopeta (que esencialmente xa no está dispoñíbel en Nova Guinea) xa que escapa a unha distancia considerábel (uns 40 m) e pousa nas árbores, fóra do alcance dos cazadores con arcos, aínda que ás veces constrúense redes de caza na base de árbores froiteiras adecuadas.

Status Sendo unha ave dócil e frecuentemente cazada para aproveitar a súa carne e o seu penacho, a pomba coroada de Scheepmaker está considerada como VU (vulnerábel) na Lista vermella de especies amenazadas da UICN. Así mesmo, figura no Apéndice II do CITES.BirdLife International (2016): Goura scheepmakeri na Lista vermella da UICN. Versión 2019-1. Consultada o 5 de xuño de 2019.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Baptista, L. F.; P. W. Trail & H. M. Horblit (1977): "Family Columbidae (Pigeons and Doves)". En: del Hoyo, Josep; Andrew Elliott & Jordi Sargatal: Handbook of the Birds of the World. Volume 4. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-87334-22-1.

Outros artigos Columbiformes Colúmbidos Gurinos Goura Goura sclaterii

Ligazóns externas BirdLife Species Factsheet Red Data Book Goura scheepmakeri na ADW Southern Crowned Pigeon. Goura scheepmakeri Finsch 1876 na EOL

Categoría:Colúmbidos Categoría:Aves de Nova Guinea Categoría:Animais descritos en 1876 Categoría:Fauna endémica de Papúa-Nova Guinea