Manuel Otero Martínez, nado en Catasueiro (O Freixo de Sabardes, Outes) o 27 de abril de 1916 e finado en Normandía o 6 de xuño de 1944, foi un mariñeiro e soldado galego que participou no Desembarco de Normandía.

Traxectoria De novo aprendeu o oficio de carpinteiro de ribeira no estaleiro Ríos do Freixo. Pouco antes do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, embarcou no vapor Inocencio Figaredo. O 16 de xullo de 1936, dous días antes do levantamento, atopábase en Xixón e incorporouse ó bando republicano. Participou na batalla de Brunete, onde foi ferido de bala nun pulmón e nun brazo, acabando hospitalizado en Valencia durante 7 meses. Foi apresado polos franquistas e o 5 de abril de 1939, catro días despois de rematada a guerra civil, e tras ser liberado grazas á intercesión de amigos do bando nacional, regresou a Galicia. Probablemente ante o acoso das autoridades franquistas, o sinalamento dalgúns veciños e as duras condicións da posguerra, decidiu exiliarse nos Estados Unidos de América, abrindo un taller mecánico en Nova York. miniatura|Placa en recoñecemento de Manuel Otero Martínez a carón da batería de costa no Monte de San Pedro, A Coruña. En marzo de 1943 alistouse no exército dos Estados Unidos e foi enviado ao Reino Unido para unirse ao continxente que se preparaba para a invasión da Europa continental en Normandía. Manuel Otero formaba parte da Compañía A do Primeiro Batallón, 16º Rexemento de Infantaría da famosa 1ª División de Infantaría, coñecida como Big Red One. O 6 de xuño de 1944 participou no Desembarco de Normandía, nas primeiras vagas de ataque no fatídico sector Easy Red de Omaha Beach, e cruzoua a primeira liña de praia, avanzando entre os primeiros no interior, pero ós poucos metros activou unha mina que o matou de forma instantánea. Os seus restos foon enterrados no cemiterio de Saint Laurent, actual cemiterio americano de Colleville-sur-Mer. Recibiu o Corazón Púrpura e en 1948, a petición da familia, trasladáronse os seus restos ó cemiterio parroquial do Freixo.

Recoñecementos No Monte de San Pedro, na Coruña, hai unha placa de recoñecemento da súa participación no devandito desembarco.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Outes Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 1944 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes