Ureaplasma urealyticum é unha especie bacteriana do xénero Ureaplasma e a familia Mycoplasmataceae.(Ver páxina 73) Esta familia consta dos xéneros Mycoplasma e Ureaplasma. A súa cepa tipo é a T960.

Clasificación As seis especies recoñecidas do xénero Ureaplasma teñen un contido GC do 27 ao 30 % e un tamaño de xenoma que vai de 0,76 a 1,17 millóns de pares de bases e necesitan colesterol para o seu crecemento. Unha característica definitoria do xénero é que hidrolizan a urea. Algunhas cepas clasificadas orixinalmente como U. urealyticum considérase que deberían ser tratadas como unha nova especie, co nome U. parvum.

Importancia clínica

U. urealyticum pode causar uretrite e vaxinose bacteriana. Tamén foi asociada con casos de infertilidade. A infección por esta especie pode ocorrer tamén en sitios extraxenitais.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Enfermidade de transmisión sexual Mycoplasma

Ligazóns externas Medscape Ureaplasma Infection Ureaplasma Genome Projects from Genomes OnLine Database

Categoría:Bacterias