O Principado de Antioquía foi un dos Estados cruzados creados durante a Primeira cruzada, que ocupou partes das modernas Turquía e Siria. O principado foi máis pequeno que o Condado de Edesa ou o Reino de Xerusalén. Estendíase ao longo do extremo nordés do mar Mediterráneo, bordeando co Condado de Trípoli ao sur, Edesa ao leste, e alternando entre Imperio Bizantino e o Reino de Armenia ao noroeste, segundo o ano.
Historia
Orixes O avance musulmán cara Occidente causou preocupación entre a cristiandade. Tras a caída dos Santos Lugares, o Papado promoveu as expedicións militares que foron coñecidas como cruzadas.
Na Primeira cruzada, o príncipe Bohemundo de Tarento realizou unha vitoriosa campaña militar para recuperar territorios que Bizancio perdera fronte ao avance musulmán. Porén, unha vez acabada a súa campaña coa toma de Antioquía, Bohemundo retivo o territorio, creando este principado.
Poboación O principado tivo arredor de 20 000 habitantes durante o século XII, moitos dos cales eran cristiáns armenios ou ortodoxos gregos, cuns poucos habitantes musulmáns. Moitos dos cruzados que se asentaron no principado eran de orixe normanda, na súa maioría do condado de Sicilia, sendo estes os primeiros gobernantes do país. Poucos dos habitantes do principado, coa excepción dos cruzados, eran católicos, a pesar de que a cidade estaba baixo a xurisdición do Patriarcado Latino de Antioquía, establecido no 1100. Este patriarcado mantívose como o titular da sé antioquense ata que foi deposto en 1964.
Lista de príncipes de Antioquía
Bohemundo I de Antioquía 1098-1111 Tancredo de Galilea, rexente, 1100-1103; 1105-1112 Bohemundo II de Antioquía 1111-1130 Roger de Salerno, rexente, 1112-1119' Balduíno II de Xerusalén, rexente, 1119-1126; 1130-1131 Constanza de Antioquía 1130-1163 Fulco V de Anjou, rexente, 1131-1136 Raimundo de Poitiers ou de Antioquía 1136-1149 (por matrimonio con Constanza) Reinaldo de Châtillon 1153-1160 (por matrimonio con Constanza) Bohemundo III de Antioquía 1163-1201 Raimundo de Antioquía (Raimundo IV de Trípoli) 1193-1194 (rexente) Bohemundo IV de Antioquía 1201-1216 Raimundo Rubén de Antioquía 1216-1219 Bohemundo IV de Antioquía (restaurado) 1219-1233 Bohemundo V de Antioquía 1233-1252 Bohemundo VI de Antioquía 1252-1268
Príncipes titulares de Antioquía 1268-1457
Bohemundo VI de Antioquía 1268-1275 Bohemundo VII de Antioquía 1275-1287 Lucía de Antioquía e Trípoli 1287-cara ó 1299 Filipe de Toucy, cara ó 1299-1300; despois deste, o título (nominal) pasou aos Reis de Chipre e Xerusalén.
Véxase tamén Bibliografía
Harris, Jonathan (2014), Byzantium and the Crusades, Bloomsbury, 2nd ed.
Categoría:Principado de Antioquía Categoría:Historia de Siria Categoría:Historia de Turquía