Geraldo Rivera, nado como Gerald Michael Riviera en Nova York o 4 de xullo de 1943, é un presentador estadounidense de talk shows, xornalista e escritor. Foi o presentador do programa Geraldo entre 1987 e 1998. Rivera presentou os programa Geraldo at Large e Geraldo Rivera Reports e aparece regularmente en programas de Fox News como The Five.
Traxectoria Primeiros anos Rivera naceu no Beth Israel Medical Center de Nova York, fillo de Lillian (de solteira Friedman; 16 de outubro de 1919 – 3 de xuño de 2018) e Cruz "Allen" Rivera (1 de outubro de 1915 – novembro de 1987), traballadora nun restaurante e taxista, respectivamente. O pai de Rivera era un católico portorriqueño, e a súa nai era de ascendencia rusa xudía. Foi criado "principalmente como xudeu" e tivo cerimonia de Bar Mitzvah. Creceu en Brooklyn e West Babylon, Nova York, onde asistiu ao West Babylon High School. A familia de Rivera foi en ocasións obxecto de prexuízos e racismo, e a súa nai adoptou a grafía do seu apelido como "Riviera" para evitar a intolerancia (só a súa irmá Sharon tivo o apelido sen modificar a grafía.).
Carreira Rivera foi contratado por WABC-TV en 1970 como reporteiro para Eyewitness News. En 1972, recibiu atención nacional e gañou un premio Peabody pola súa reportaxe sobre a neglixencia e o abuso sobre pacientes con discapacidade intelectual na Willowbrook State School de Staten Island, e comezou a aparecer en programas nacionais da ABC como 20/20 e Nightline nas súas estreas en 1978 e 1979 respectivamente. Despois de que John Lennon vise a reportaxe de Rivera sobre Willowbrook, el e Rivera organizaron un concerto benéfico chamado "One to One" o 30 de agosto de 1972, no Madison Square Garden de Nova York, que Yoko Ono estreou postumamente en 1986, como Live in New York City.
Entre 1994 e 2001, Rivera presentou Rivera Live, un programa de tarde de novas e entrevistas na CNBC que se emitía durante a semana.
Rivera deixou a CNBC en novembro de 2001, dous meses despois dos atentados do 11 de setembro de 2001 para converterse en correspondente de guerra de Fox News. O seu irmán Craig acompañouno como cámara en Afganistán. En 2001, durante a guerra de Afganistán, Rivera foi ridiculizado por unha información en que afirmaba que estaba no lugar dun incidente por fogo amigo; despois revelouse que realmente estaba a 300 millas de distancia. Rivera culpou a un malentendido pola discrepancia."Gun-toting Geraldo under fire for the story that never was", The Daily Telegraph, 20 de decembro de 2001
Vida persoal Rivera casou cinco veces: Linda Coblentz (1965–1969, divorciados) Edith Vonnegut (14 de decembro de 1971 – 1975, divorciados) Sherryl Raymond (31 de decembro de 1976 – 1984, divorciados)fillo: Gabriel Miguel (nado en xullo de 1979)Froelich, Janis D.. (15 de xullo de 1991) Geraldo... Er, Make That Gerald Rivera's Moms Tell All! . Deseret News. Consultado o 17 de decembro de 2011. C.C. (Cynthia Cruickshank) Dyer (11 de xullo de 1987 – 2000, divorciados)fillas: Isabella Holmes (nada en 1992)Geraldo, wife overcome fertility foes, have baby. Herald-Journal. 9 de novembro de 1992 e Simone Cruickshank (nada 1994). Seis intentos de ter fillos mediante inseminación artificial acabaron en abortohttps://www.imdb.com/name/nm0729273/bio Erica Michelle Levy (dende agosto de 2003)filla: Sol Liliana (nada en 2005)50 Highs and Lows from 40 Years in the News Business . Geraldo.com (5 de setembro de 2010). Consultado o 17 de decembro de 2011.
Rivera admitiu que tivo unha relación durante varios anos ata 1985 con Marian Javits, esposa do senador por Nova York Jacob K. Javits.
Política Rivera é republicano, e considerou en presentarse na elección especial de New Jersey de 2013 para ocupar o asento deixado vacante no Senado trala morte de Frank Lautenberg. Finalmente decidiu non presentarse á elección.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial* – Rivera tells the story of his Iraq "Map in the Sand" "Pentagon Says Geraldo Rivera Will Be Removed From Iraq" – The New York Times, 1 de abril de 2003 Geraldo Rivera's Influence on the Satanic Ritual Abuse and Recovered Memory Hoaxes – from religioustolerance.org Urban Legend about Geraldo Rivera's name being changed from Jerry Rivers – from snopes.com
Categoría:Nados en Manhattan Categoría:Nados en 1943 Categoría:Xornalistas dos Estados Unidos de América Categoría:Correspondentes de guerra Categoría:Presentadores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia portorriqueña Categoría:Estadounidenses de ascendencia rusa Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa