A Irmandade do Anel (en ) é o primeiro de tres volumes da novela épica O Señor dos Aneis, escrita polo autor inglés J. R. R. Tolkien. A súa continuación foron as novelas As Dúas Torres e O Regreso do Rei. A acción desenvólvese no universo ficticio da Terra Media. Foi orixinalmente publicada o 29 de xullo de 1954 no Reino Unido.
O volume consta dun prólogo, no que o autor analiza a súa escrita de O Señor dos Aneis , un prólogo titulado "Sobre os hobbits, e outros asuntos", e a narración principal no Libro I e Libro II.
Foi traducida ó galego por Moisés Barcia Rodríguez como parte da triloxía e publicada pola editorial Edicións Xerais no ano 2001.
Notas
Categoría:O Señor dos Aneis Categoría:Libros sobre a Terra Media Categoría:Obras literarias de 1954 Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego