Ánxela Fernández Callís, nada o 11 de xullo de 1992, é unha política galega do BNG, a alcaldesa do Rosal dende o ano 2019.
Traxectoria Graduouse en economía pola Universidade de Vigo. É membro da Agrupación Musical do Rosal. Concelleira do BNG no Rosal dende abril de 2016. Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura do BNG en dito concello e foi elixida alcaldesa ó lograla maioría absoluta con sete concelleiros, sendo a primeira vez en toda a democracia que un grupo de esquerdas conseguise a alcaldía. Nas municipais de 2023 perdeu a maioría absoluta, polo que pactou co único concelleiro do PSdeG-PSOE para mante-la alcaldía. Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais no Rosal
Categoría:Nados no Rosal Categoría:Nados en 1992 Categoría:Alcaldes do Rosal Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes