A Universidade Estatal de Bakú (BSU, en azerí, Bakı Dövlət Universiteti) é unha universidade pública localizada en Bakú, Azerbaidján, creada o 1 de setembro de 1919, polo Parlamento da República Democrática de Azerbaidján.
A universidade comezou inicialmente coas facultades de Historia e Filoloxía, Física e Matemáticas, e Dereito e Medicina O primeiro reitor da BSU foi V.I.Razumovsky, anteriormente profesor de cirurxía na Universidade de Kazán.
Traxectoria miniatura|231x231px|Estudantes da Facultade de Medicina da Universidade Estatal de Bakú (1923) Década 1920 En 1922, a universidade foi denominada como a Universidade Estatal de Azerbaidján e a partir de 1923, dispúxose que as ensinanzas fosen en ruso. Entre 1926 e 1929 o reitor foi Fagi Shahbazi.
En 1930, o goberno acordou o peche da Universidade por mor da reorganización da educación superior na Unión Soviética e a Universidade foi substituída polo Instituto Pedagóxico Superior. Porén, en 1943 restableceuse, de novo, a universidade, que se converteu no centro científico e pedagóxico da República e continuou funcionando durante os anos da segunda guerra mundial experimentando unha importante escaseza de profesorado.
En 1945, os profesores tiveron unha parte activa na fundación da Academia de Ciencias de Azerbaidján. A maioría das universidades da república -como Universidade Médica de Acerbixán e a Universidade Estatal de Económicas de Azerbaidján Azerbaijan ou a Universidade Estatal de Pedagoxía — foron creadas a partir da BSU.
Década 1960 Polo seu 40º aniversario, en 1959, a Universidade xa contaba con 13 facultades. Pero foi a partir de 1969, cando se desenvolveu enormemente a impartición de coñecemento, pois se crearon varias facultades e departamentos de especialidades modernas e máis de 30 laboratorios de investigacións científicas
Entre os licenciados da BSU houbo dous presidentes de Azerbaidján: Abulfaz Elchibey (graduouse na Facultade de Literatura e Lingua árabe) e Heydar Aliyev, que dominou Azerbaijan a vida política do país, durante 30 anos, dende a Facultade de Historia. Tamén o físico Lev Landau, estudou na BSU entre 1922 e 1924.
A partir de 2010
Hoxe, a BSU imparte 16 titulacións co 55 licenciaturas e 153 máster. BSU é a única universidade da República de Azerbaidján clasificada na Clasificación de Universidades por Rendimiento Académico, ocupando o posto 1872 a nivel mundial na clasificación de 2014-2015.miniatura|204x204px|Escudo de armas da BSU en 1919.
Relacións internacionais Ao longo do tempo, a universidade foi tecendo e incrementando as relacións con diversas institucións internacionais como a Asociación de Universidades de Eurasia, que une a un gran número de universidades da anterior Unión Soviética. Entre 2002-2004, a BSU liderou a Asociación de Universidades de Estados de Mar Negro. Ademais, a tamén asinou acordos de cooperación científica e técnica, e programas para intercambiar profesorado non máis de 40 universidades internacionais entre as que destacan: a Universidade Estatal de Moscova, a Universidade Técnica de Oriente Medio, a Universidade Antipole de Niza-Sofía, a Universidade de Bucarest, a Universidade de Indiana, a Universidade Nacional de Kíiv, a Universidade de Viena e outras importantes universidades. Tamén publicou conxuntamente, con varias desas universidades, conferencias científicas, libros de texto e organizou talleres.
Estrutura Consello académico O Consello académico de Bakú ten como funcións universitarias estatais: contribuír á educación, a súa calidade, representación da universidade así como o establecemento de relacións internacionais.
Facultades miniatura|Cerimonio nomeando a Dmitry Medvedev como Doutor Honoris causa pola BSU (3 de setembro de 2010) Matemáticas aplicada e Cibernética Económica Física Mecánica e Matemáticas Química Bioloxía Ecoloxía e Ciencias da Terra Xeoloxía Xeografía Historia Filoloxía Teoloxía Economía e Relacións internacionais Xornalismo Dereito Estudos orientais Psicoloxía e Ciencias Sociais Biblioteconomía (é a única facultad destes estudos en Azerbaidján)
Institutos de investigación
Instituto de Investigación Científica de Matemáticas Aplicadas Instituto de Problemas da Física Teórica
Asociacións A universidade é membro da Caucasus University Association (en galego, Asociación de Universidades do Cáucaso).
Alumnado distinguido
Intigam Aliyev, defensor de dereitos humanos. Lev Landau, físico teórico. Georgi Keçaari, escritor acerbaixano en udi e azerí.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
República Democrática de Azerbaidján
Ligazóns externas Sitio web oficial , , (en inglés)
Categoría:Universidade Estatal de Bakú